Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Xoves, 12 de agosto de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Comprobación medidas Covid

No marco dos dispositivos organizados para o control do cumprimento das medidas de prevención impostas con motivo do Covid-19, os axentes da Unidade Territorial de  Policia de Barrio denunciaron a dúas persoas que, sendo as 3’15 horas, transitaban pola vía pública, Quiroga Ballesteros, sen ser conviventes, achándose por tanto dentro da franxa horaria na que se prohibiron ese tipo de agrupación de persoas.

Auxilio a cidadá

Ás 15’10 horas do mércores, os axentes de Policía de Barrio acudiron a un domicilio de calle San Froilán, no cal unha muller caeuse e non era capaz de levantarse nin con axuda da súa parella. Unha vez no lugar, os policías, tras comprobar que a muller non manifesta ningunha doenza que requira asistencia sanitaria, auxilian á mesma para que poida levantarse.

Mancha de aceite no pavimento

Durante a tarde do mércores recibiuse unha chamada na Sala do 092 informando de varias manchas de aceite na vía pública, en  Camiño Real. Unha vez no lugar, os axentes comisionados comproban que se trata de varias manchas de aceite que fan o pavimento  deslizante, que se atopan sobre unha zona destinada á carga e descarga de mercadorías, motivo polo cal, debido ao risco que conleva, tanto para o tráfico rodado (especialmente vehículos de dúas rodas) como para o tránsito peonil das persoas usuarias, requírese a presenza do servizo de limpeza, que mediante a extensión de material  secante deixan o pavimento  practicable de novo.

Incendio

Ás 23’10 horas, os axentes de Policía de Barrio trasládanse ao Poboado de Nazaret (Carqueixo), xa que na Sala do 092 recibiuse un aviso dun incendio no lugar. Os axentes comproban que existen varios lumes, un deles no que se están queimando diversos eletrodomésticos, tales como neveiras ou lavadoras, e outro, a poucos metros, no que arden neumáticos.

Requírese a presenza do Servizo de Extinción de Incendios, que a presentan aos poucos minutos e proceden ao control e extinción dos lumes existentes.

Filtros seguridade viaria

No marco dos  filtros de seguridade viaria establecidos diariamente para comprobar o estado e situación tanto dos vehículos como dos condutores, durante a noite do mércores ao xoves, na Rolda da Muralla, sorprendeuse a dous vehículos que circulaban sen ser sometidos á preceptiva inspección técnica periódica e outro máis que facíao sen concertar o seguro obrigatorio.

Tamén se localizou a un condutor que manexaba o automóbil tras ser privado do permiso de conducir, sen que realizase o curso de reeducación obrigatorio.

Por último, sorprendeuse a 3 condutores que lanzaron resultados positivos nas probas de alcoholemia ás que foron sometidos (0.45 e 0.49; 0.63 e 0.56; e 0.33 e 0.31 mg/ L); ademais doutro condutor que lanzou resultado positivo no consumo de drogas, máis concretamente  THC (Cánnabis).

Foron inmobilizados dous dos vehículos.

Noticias relacionadas