Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Xoves, 09 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Incumprimento medidas  Covid

Ás 3’25 horas, a Sala do 092 recibe chamadas de varios veciños da rúa Campos  Novos, queixándose das molestias que causan os ruídos procedentes dunha festa que se está celebrando nun baixo da mesma rúa.

Comparece no lugar unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio, comprobando que se trata dunha reunión de seis persoas non conviventes (actualmente prohibidas entre as 3’00 e as 6’00 horas), con música cun volume elevado e cantando, sen facer uso da máscara e algunha delas fumando; motivo polo cal son denunciados por infracción á Lei de Saúde de Galicia.

As catro persoas non residentes no lugar ausentáronse do mesmo de inmediato, cesando así as molestias que causaba a festa.

Noticias relacionadas