Denuncias por incumprimento de medidas de prevención con motivo do COVID-19
Durante a noite do 8 ao 9 de setembro, por parte do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo con apoio dun equipo da Unidade de Atestados do devandito Corpo, estableceuse un dispositivo especial para o control do cumprimento das medidas de prevención impostas pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia como consecuencia da evolución da situación derivada do COVID-19, levantándose NOVE actas-denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia, ao sorprender a cinco mozos que realizaban un “botellón” no Parque de Marcos Cela, consumindo bebidas alcohólicas, sendo denunciados pola realización do “botellón” e por non facer uso da máscara de protección obrigatoria.
Un dos mozos foi denunciado ademais por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental ao deixar vasos contendo unha mestura de bebida alcohólica sobre a varanda de madeira situada nas escalinatas que comunican o Parque Marcos Cela coa rúa Santiago e por desobedecer aos axentes da autoridade no exercicio das súas funcións, o que supón unha infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá que é remitida á Subdelegación do Goberno, levando aparellada unha sanción de ata 30.000 euros.
Axuda humanitaria
Sobre as 23,30 horas do día 8 de setembro, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo acode a un establecemento da rúa Galicia xa que segundo o seu responsable unha clienta non quere abandonar o local xa que non ten onde durmir.
Os axentes ao chegar ao lugar identifican á persoa a cal explica que a súa parella está ingresada en estado moi grave e que pola relación cos seus fillos abandonara a vivenda habitual, ofrecéndolle os policías a posibilidade de pernoitar no Hogar do Transeúnte ao que se nega, polo que se pescuda que ten uns amigos nesta cidade, onde é trasladada pola patrulla policial quedando alí para pasar a noite.