Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Xoves, 08 de xullo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Delitos contra a seguridade viaria

Sobre as 21:45 horas do día 7 de xullo, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detecta a circulación irregular dun vehículo pola rúa Yañez Rebolo, dándolle o “alto” e comprobando que o condutor carece de permiso de condución por PERDIDA DE VIXENCIA por perda total dos puntos asignados legalmente e que ademais presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 0,52 mg/l.

Pola carencia de permiso por perda de vixencia instrúense dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, enfrontándose o condutor a unha pena de prisión de tres a seis meses ou coa de multa de doce a vinte e catro meses ou coa de traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días.

Pola taxa de alcoholemia (máis do dobre do permitido) ábrese expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Así mesmo, sobre as 00:10 horas do día 8 de xullo, unha patrulla da Policía Nacional presenta na Unidade de Atestados da Policía Local de Lugo a un condutor sorprendido conducindo irregularmente pola Avenida de Rodríguez Mourelo, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 1,03 mg/l (máis de catro veces a taxa permitida) polo que se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, quedando inmobilizado o vehículo.

Pola comisión deste delito o condutor enfróntase a unha pena de prisión de tres a seis meses ou coa de multa de seis a doce meses ou coa de traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días, e, en calquera caso, coa de privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos.

Noticias relacionadas