Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Venres, 08 de xaneiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Controis de alcoholemia. Delitos contra a seguridade viaria

Durante o día 6 e a madrugada do 7 de xaneiro/21 efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, apoiados pola Unidade de Atestados do Corpo, estableceron diferentes filtros de seguridade viaria nas vías do centro urbano, detectando ás 19,20 horas do día 6 un vehículo que circulaba por cálea Marqués de Ombreiro de forma irregular, procedendo os axentes para darlle o “alto”, comprobando que o condutor presentaba signos de acharse embriagado, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 1,00 mg/l, o que supón catro veces a taxa máxima permitida, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Ás 19,30 horas do mesmo día prodúcese un accidente de circulación na rúa Milagrosa no que ven involucrados dous vehículos, con resultado de danos materiais. Sometidos os condutores ás probas de detección alcohólica, un deles lanza un resultado POSITIVO de 1,33 mg/l, máis de cinco veces a taxa permitida, o que supón unha das taxas máis altas rexistradas no ano 2020 (só excedido por un condutor no mes de xuño do ano 2020 que lanzou unha taxa de 1,34 mg/l), instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Ás 1,45 horas do día 7 de xaneiro, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta o condutor dun vehículo que o fai baixo a influencia de bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,73 mg/l (triplicando a taxa máxima permitida), instruíndose dilixencias por Delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

O condutor foi tamén denunciado con 200 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución ao desobedecer as ordes dos axentes encargados da vixilancia de tráfico, ao quebrantar a orde de inmobilización do vehículo.

Control normas  COVID

Durante a madrugada do día 7 de xaneiro/21, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo estableceron dispositivos para o control do cumprimento da normativa COVID, levantando ONCE actas de denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia. NOVE delas por circular entre as 23,00 e as 6,00 horas, sen causa que o xustifique e DÚAS por non facer uso da máscara de protección.

Detención por DOUS delitos contra a seguridade viaria e outro delito de desobediencia e resistencia grave a axentes da autoridade.

Sobre as 22,55 horas do día 8 de xaneiro/21 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo observa como un condutor dun vehículo, que circula pola rúa Tino Grandío, non fai uso do cinto de seguridade.

Os axentes danlle o “alto” e observan que o condutor presenta signos evidentes de acharse baixo os efectos de bebidas alcohólicas, comprobando ademais que carece de permiso de condución, ao telo suspendido por resolución xudicial ata o mes de xullo do presente ano, que o vehículo carece de Seguro Obrigatorio e non o presentou á inspección técnica periódica no prazo debido.

Requíreselle para a realización das probas de detección alcohólica, negándose a iso, mostrando unha actitude agresiva e violenta, chegando mesmo a golpear coa porta do vehículo nas pernas dun dos axentes, negándose a descender do turismo para poder ser traslado a dependencias policiais, polo que se procede á súa detención ofrecendo grave resistencia, tendo que ser inmobilizado e esposado.

Xa en dependencias policiais sométese voluntariamente á realización das probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 1,08 mg/ l (máis de catro veces a taxa máxima permitida), instruíndose atestado, para a súa remisión á Autoridade Xudicial, polos seguintes delitos:

  • Conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas e lanzar altas taxas de alcol nas probas regulamentariamente establecidas.
  • Conducir tendo suspendido o permiso de condución por resolución xudicial.
  • Desobediencia e resistencia grave aos axentes da autoridade.

Así mesmo abríuselle expedientes sancionadores pola carencia do Seguro Obrigatorio, o que supón multa de 1.500 euros; Non utilizar o cinto de seguridade, con multa de 200 euros e a retirada de 3 puntos do permiso de condución e por non pasar a ITV no prazo regulamentario, o que supón multa de 200 euros, procedéndose á inmobilización do vehículo.

Noticias relacionadas