Servizos destacados na fin de semana do 4 ao 6 de decembro

Festas en edificios particulares
Efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo interviñeron en dúas festas de mozos que levaban a cabo nun piso da Avenida de Madrid e nun baixo dun edificio da rúa San Roque.
Na primeira festa, ás 1:30 horas, detectouse a 8 persoas NON CONVIVENTES no interior da vivenda, levantándose OITO actas de denuncia por infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá, con multas de 601 a 30.000 euros.
Na segunda festa, ás 2:20 horas, había 10 persoas NON CONVIVENTES no interior do baixo, montando unha mesa para as bebidas con equipo de música e altofalantes (ver fotografías), levantándose DEZ actas de denuncia por infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá, con multa de 601 a 30.000 euros.
Os axentes acudiron a estes lugares polas denuncias dos veciños debido ao ruído que proviña do seu interior e que imposibilitaba o descanso. Así mesmo 17 persoas que se achaban nestas festas, ausentáronse dos domicilios e transitaron, sen xustificación algunha, pola vía pública a partir das 23:00 horas, polo que foron denunciadas tamén por infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá con multa de 601 a 30.000 euros.
Desde a Policía Local de Lugo lémbrase que, desde as 0:00 horas do día 4 de decembro, existe unha limitación de permanencia de grupos de persoas en espazos públicos ou privados non superior a 4 persoas, agás que se trate de persoas conviventes e no caso de agrupacións en que se inclúan tanto persoas conviventes como non conviventes, o número máximo será tamén de 4 persoas.
Así mesmo mantense a prohibición de circular pola vía pública entre as 23:00 e as 6:00 horas, sen acharse incluído en ningunha das causas de excepción que establece a normativa en vigor.
Control normas COVID-19
Nos filtros de seguridade establecidos por efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, para comprobar o cumprimento da restrición de entrada e saída do termo municipal de Lugo, levantáronse CINCO actas de denuncia por infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá, que levan aparelladas multas de 601 a 30.000 euros.
Así mesmo levantáronse CINCO actas de denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia por transitar pola vía pública sen facer uso da máscara de protección.
Estas infraccións foron detectadas nas seguintes rúas: Ameneiro, Reiseñor, Angelo Colocci, Enriqueta Otero e Avenida da Coruña.
Axuda humanitaria
Sobre as 4:10 horas do día 5 de decembro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un edificio da rúa Campos Novos, xa que segundo os veciños nun dos pisos onde vive unha señora de avanzada idade está a emitir golpes que puidesen ser un sinal de auxilio. Os axentes comparecen de inmediato e escoitan golpes provenientes do interior da vivenda polo que acceden ao seu interior, completamente ás escuras, observando a unha muller de 97 anos de idade que se atopa no cuarto de baño, encaixada de pé entre a ducha e o inodoro, coas luces apagadas, emitindo golpes co bastón a modo de auxilio. Que os policías auxilian á señora logrando liberala, comprobando que os limitadores de corrente eléctrica están baixados, polo que os accionan volvendo ter luz a vivenda. Ao comprobar que a anciá non necesita asistencia médica, dáse por finalizada a intervención policial, dando conta aos servizos sociais do Concello.
Sobre as 5:45 horas unha patrulla do devandito Grupo Operativo da Policía Local de Lugo acode a unha vivenda da rúa Montero Ríos xa que unha persoa de avanzada idade caeuse no cuarto de baño e a familiar que a atende era incapaz de levantala. Os policías auxilian á señora de 80 anos, levantándoa do chan do baño e trasladándoa a unha habitación da vivenda, sen que se producirá lesión algunha, rexeitando asistencia médica e quedando ao coidado da familia.
Ruídos molestos en interior de vivendas
Sobre as 1:25 horas do día 5 de decembro, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade a un edificio da Ronda das Fontiñas, xa que segundo denuncian os veciños, desde unha vivenda proveñen ruídos que imposibilitan o descanso. Os axentes comproban que desde o interior dun piso escóitanse persoas falando en ton moi alto, gritan e mesmo tocan o que parece un tambor, ademais de ladridos dun can, polo que identifican ao responsable, sendo requirido para que cesen as molestias, o que fai ao instante, levantando acta os policías por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.
Sobre as 0,40 horas do día 6 de decembro, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno acode a un edificio da Avenida Fontiñas xa que os veciños queixábanse dos ruídos que proviñan dunha vivenda. Os axentes escoitan desde o rellano das escaleiras volume elevado de música e conversación en ton alto de persoas, procedendo á identificación da responsable, a cal foi requirida para que cesasen as molestias, facéndoo ao instante e comprobando os axentes que se estaba levando a cabo a celebración dun aniversario e que todas as persoas eran conviventes, levantando acta por presunta infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.
A mesma noite patrullas do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo interviñeron en domicilios da rúa Mariña Española e Lamas de Prado onde os veciños denunciaban ruídos que por actividade humana en ton alto e música a volume excesivo, identificando os responsables, aos que se requiriu para que cesasen a actividade, o que fixeron ao instante, levantando os axentes actas de denuncia por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.
Intervención da Unidade de Atestados da Policía Local de Lugo en accidentes de circulación ocorridos no centro urbano.
Día 4.-
- 12:20 horas. Accidente de circulación na rúa Anselmo Sanpedro onde un vehículo en circulación sofre unha desviación na súa traxectoria e choca contra un vehículo estacionado. Danos materiais.
- Accidente de circulación na intersección das rúas Ourense e Poeta Cabanillas, resultando implicados dous vehículos, estando lesionados o condutor e o ocupante dun dos vehículos que, como consecuencia do impacto, sae desprazado contra o muro de peche dun inmoble da rúa Ourense.
Día 5.-
- 11:00 horas. Accidente de circulación nas interseccións da Avenida de Madrid e Antonio Rosón. Dous vehículos implicados con resultado de danos materiais.
- 17:55 horas. Accidente de circulación en Camiño Real. Un vehículo en circulación choca contra un estacionado, rexistrándose danos materiais.
- 18:15.- Accidente de circulación na rúa López Guntín. Como no caso anterior un vehículo en circulación choca contra un estacionado, rexistrándose danos materiais.
Día 6.-
- 18:35 horas. Accidente de circulación en Ronda das Fontiñas ao chocar un vehículo en circulación contra dous vehículos estacionados. O condutor do vehículo causante do sinistro presentaba signos de embriaguez polo que foi sometido ás probas de detección alcohólica lanzando un resultado POSITIVO de 0,94 mg/ l (case cuatriplicaba a taxa máxima permitida), instruíndose dilixencias por un delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.