Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Mércores, 07 de xullo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Delitos contra a seguridade viaria

Na madrugada do 7 de xullo de 202 recíbense, na Sala do 092, queixas de veciños de que unha motocicleta causa molestias por ruídos ao realizar fortes aceleróns por varias rúas da cidade.

Unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo localiza o vehículo circulando pola rúa Antonio Rosón, observando que o condutor presenta signos de embriaguez pois ao baixarse da motocicleta apenas era capaz de manter a verticalidade, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 1,07 mg/l (máis de catro veces a taxa máxima permitida), instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Compróbase tamén que o vehículo ten a ITV caducada, procedéndose á súa inmobilización.

Sobre as 2:40 horas do día 7 de xullo un vehículo encáixase contra dous inmobles de Camiño Real e causa danos a un sinal de tráfico e a un turismo estacionado, fuxindo do lugar.

Acto seguido establécese un operativo de procura no que participan patrullas da Policía Local e a Policía Nacional, sendo esta última a que localiza o vehículo na rúa Lamas de Prado, dando coñecemento á Unidade de Atestados da Policía Local de Lugo, cuxos axentes someten ao condutor ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,54 mg/l, presentando signos evidentes de embriaguez, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria e procedendo ao a retirada do vehículo polo servizo de guindastre, quedando inmobilizado no Depósito Municipal.

Multimedia

  • Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Noticias relacionadas