Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Venres, 06 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Delito de violencia de xénero

Sobre as 23,30 horas do día 5 de novembro/20, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade á Avenida de Madrid, xa que ao parecer unha persoa tirouse dun coche en marcha e tentábana arroiar en varias ocasións.

Os axentes comparecen de inmediato no lugar e observan á persoa que realizara a chamada de auxilio, manifestando que fora testemuña de que unha muller arroxouse dun vehículo en marcha e que el mesmo interpuxera o seu propio vehículo para evitar que o turismo do que a muller se había arroxado non a atropelase, fuxindo o coche do lugar, achegando a matrícula do vehículo fuxido.

Así mesmo os axentes auxilian á muller que se atopa moi nerviosa, con erosións nas mans e chorando, manifestando que pasara un día co seu  exparella e que ao ir no coche ameazoulle de morte, polo que ante estas ameazas decide “tirarse” do coche en marcha e que a súa  exparella tentou arroiala en repetidas ocasións.

Que a muller se nega a ser asistida polo 061 polo que é trasladada a dependencias policiais onde manifesta a súa intención de presentar denuncia destes feitos no Cuartel da Garda Civil de Sarria xa que quere irse para a súa casa, recibindo chamada dun familiar que lle comunica que o seu  expareja estaba no portal do seu domicilio preguntando por ela.

Por tal motivo coordínase unha actuación conxunta entre Policía Local de Lugo e Garda Civil, procedendo este último corpo á localización e detención deste home.

Accidente e delito contra a seguridade viaria

Sobre as 14,30 horas do día 5 de novembro/20, un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo acode á chamada dun centro comercial da cidade xa que un vehículo, despois de encher na gasolineira do centro, sen abonar o importe correspondente, na súa fuxida a toda velocidade, realiza varias derrapaxes e buxainas, estando a piques de atropelar a varias persoas que alí se atopaban, chocando contra outro turismo, dándose posteriormente á fuga.

Deste feito dáse coñecemento ás patrullas de servizo e ao resto de Forzas e Corpos de Seguridade para a súa identificación, á vez que o equipo de Atestados revisa as cámaras de vixilancia da gasolineira e do centro comercial, podéndose ver ao condutor, xa coñecido por esta Policía Local como responsable de varios accidentes con fuga.

Momentos máis tarde unha patrulla do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo localiza na A-6 o vehículo fuxido e ao seu condutor, sendo identificado plenamente e o seu vehículo retirado cun guindastre.

O equipo de Atestados da Policía Local faise cargo do condutor e por estes feitos investígaselle por un delito contra a seguridade viaria por temeridade manifesta poñendo en concreto perigo a vida ou a integridade das persoas.

Ademais ábrese expediente sancionador por abandonar o lugar do accidente e por non levar posta a máscara de protección.

Control normas COVID-19

Nos diferentes controis que se están levando a cabo para comprobar o cumprimento das normas establecidas polo Goberno da Nación e da Xunta de Galicia sobre medidas de prevención debido ao  COVID-1, no día de onte 5 de novembro/20 efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio levantou CATRO actas denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia ao detectar en  Camiño Real,  rúa Santiago e Gándaras a persoas que estaban a fumar en compañía doutras persoas sen gardar a distancia de seguridade establecida.

Así mesmo levantáronse DÚAS actas denuncia por infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá ao detectar a dúas persoas ás 2,45 horas do día 6 de novembro/20 ocupando un turismo sen xustificar o seu desprazamento pola  rúa Milagrosa.

Ao condutor deste turismo practicáronselle as probas de alcoholemia arroxando un resultado POSITIVO de 0,57 mg/ l polo que se abre expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do seu permiso de conducir.

Noticias relacionadas