Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Venres, 06 de agosto de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Filtros seguridade viaria

Durante un dos  filtros realizados polos axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio e da Unidade de Atestados, na noite do 5 ao 6 de agosto, enmarcado na campaña da Dirección Xeral de Tráfico para o control de inxesta de alcol e presenza de drogas en condutores, sorprendeuse a catro persoas que manexaban vehículos de motor tras inxerir bebidas alcohólicas, lanzando resultados positivos nas probas regulamentarias de alcoholemia ás que foron sometidos: 0’41 e 0’40 mg/ L; 0’38 e 0’39 mg/ L; 0’52 e 0’49 mg/ L; e 0’61 e 0’59 mg/ L. Todos eles foron denunciados administrativamente, coa correspondente sanción económica e detracción de puntos da autorización administrativa para conducir.

Molestias por ruídos

Ás 2’00 horas do día 6 de agosto, axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio acudiron a un domicilio da rúa  Rof  Codina, debido ao requirimento dun veciño que se queixaba de molestias por ruído procedente dunha vivenda próxima.

Unha vez no lugar, os axentes comprobaron que, efectivamente, escoitábanse voces nun volume excesivamente alto para ese horario, motivo polo cal se puxeron en contacto cos moradores do inmoble, que manifestaron non ser conscientes das molestias, as cales cesaron de inmediato.

Ás 2’10 horas do mesmo día, os policías acudiron a un domicilio da rúa  Catasol, onde os veciños que queixaban das molestias creadas por un  can que non deixaba de ladrar, o cal puido ser comprobado polos axentes, aínda que non puideron solucionar o problema ao non contestar ninguén na vivenda, motivo polo cal comezaron as investigacións pertinentes para poder contactar co propietario do animal e informarlle dos trastornos que estaba a causar cando o deixaba só na vivenda.

Auxilio a cidadá

Ás 19’45 horas do día 5 de agosto, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio trasládase a cálea Dna. Urraca, desde onde a Sala do 092 recibiu un requirimento por unha anciá desorientada. Unha vez no lugar, os axentes comproban que se trata dunha muller, de 74 anos de idade, que di non saber onde se atopa nin onde vive. Grazas á colaboración cidadá, os policías localizan o domicilio da muller, que unha vez no lugar non recoñece, polo que ven na necesidade de contactar telefonicamente cunha filla, que comparece no lugar e faise cargo da muller.

Incendios

Ás 14’40 horas, os axentes de Policía de Barrio acoden a un inmoble de Estrada da Granxa, xa que nos garaxes hai gran cantidade de fume, o cal se comproba que procede dun baixo anexo, no que se estaba producindo un incendio. Durante a súa actuación, os membros do Servizo de Extinción de Incendios, observan indicios de que o lume puidese ser intencionado, motivo polo cal se realizan as xestións necesarias para que se poña en marcha a correspondente investigación.

Ás 19’40 horas colaboran co Servizo de Bombeiros durante a extinción do lume nun contedor de residuos na rúa  Montirón.

Ás 23’05 horas, unha patrulla de Policía de Barrio trasládase ao  Carqueixo, onde hai un aviso de incendio. Unha vez no lugar, os axentes comproban que se trata de tres focos de lume, os cales son rapidamente neutralizados polo Servizo de Extinción.

Noticias relacionadas