Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante a fin de semana do 3 ao 5 de xullo

Luns, 06 de xullo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Emerxencia sanitaria

Efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo levantaron CINCO actas por infracción á Lei de Saúde de Galicia a persoal de locais de hostalería por despachar bebidas aos clientes sen utilizar máscara de protección, denunciándose tamén a un mozo que estaba nun grupo de persoas e todas elas usaban máscara salvo el.

Así mesmo tramitáronse actas de denuncia por infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá por faltas de respecto e consideración aos axentes de policía local no exercicio das súas funcións. As actas son remitidas á Subdelegación do Goberno como órgano competente para a súa tramitación e sanción.

Establecementos públicos

Continuando cos dispositivos establecidos para o control dos locais de hostalería, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo realizaron unha inspección nun establecemento situado na rúa Tui 41, levantando acta por infracción á Lei 10/2017 do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.

Auxilio a cidadáns

Sobre as 18:00 horas do día 4 de xullo, unha patrulla de Policía Local de Lugo acode a unha vivenda da rúa Anduriñas xa que ao parecer unha señora de avanzada idade caeuse no interior do seu domicilio e non se podía levantar. Os axentes auxilian á muller de 88 anos, trasladándoa ao dormitorio, rexeitando asistencia médica e quedando ao coidado dun fillo.

Sobre as 18:55 horas acódese a unha vivenda da rúa Progreso xa que outra muller de 84 anos caera no interior do seu domicilio e non era capaz de levantarse. Os axentes proceden a incorporala, trasladándoa a unha butaca onde queda ao coidado dunha irmá, rexeitando asistencia médica.

Noticias relacionadas