Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Xoves, 06 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Intervención de substancia estupefaciente a menor de idade

Sobre as 20,00 horas do día 5 de maio/21, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio do a Policía Local de Lugo acode á  rúa Otero Pedrayo, xa que ao parecer estábase levando a cabo un “botellón”.

Os axentes cando están a proceder á identificación dos mozos, un deles sae correndo, sendo alcanzado por un dos policías aos poucos metros, procedendo á súa identificación e rexistro, achando nun pequeno bolso que portaba un anaco de “hachis” de 1,5 gramos, sendo intervido e levantando acta de denuncia por infracción grave á Lei de Protección da Seguridade Cidadá, para a súa remisión á Subdelegación do Goberno, carrexando multa de 601 a 30.000 euros.

Este mozo resultou ser un menor de 16 anos, polo que se procedeu á identificación da nai, á cal se lle informou destes feitos, facéndose cargo do seu fillo.

Intervención de permiso de condución

A requirimento da Xefatura Provincial de Tráfico, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo procedeu, o día 5 de maio/21, á intervención do carné de conducir dunha persoa, por acordarse a suspensión cautelar da devandita autorización administrativa e transcorrer máis de dous meses e non constar que o interesado haxa acreditado que reúne as condicións  psicofísicas necesarias para manter esa autorización.

Noticias relacionadas