Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Venres, 04 de decembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Control normas COVID-19

 No día de onte 3 de decembro/20 intensificáronse os dispositivos para o control das limitacións impostas pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia como consecuencia da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, realizándose por parte da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, filtros de seguridade levantándose OITO actas de denuncia polos seguintes incumprimentos:

Infraccións á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá

  • 3 actas por incumprimento da prohibición de entrada e saída do termo municipal de Lugo, sen acharse incluído en ningunha das causas de excepción.
  • 2 actas por incumprimento das condicións dispostas para a permanencia de grupos de persoas en espazos públicos.

Estas infraccións levan aparelladas multas de 601 a 30.000 euros.

Infraccións á Lei de Saúde de Galicia

  • 3 actas por transitar pola vía pública sen facer uso da máscara de protección.

Noticias relacionadas