Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Xoves, 01 de xullo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Detención por desobediencia, resistencia e atentado a axentes da autoridade

Sobre as 10:15 horas do día 30 de xuño, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo procederon á detención dun home, de 33 anos de idade, como autor dun delito de desobediencia, resistencia e atentado a axentes da autoridade.

Os feitos sucederon cando os axentes acompañaban a unha comisión xudicial para executar unha orde de lanzamento nunha vivenda da Rolda da Muralla, momento que ao poñerse á fala co agora detido e informarlle que debe recoller as súas pertenzas e abandonar o lugar, négase, a pesar de que se lle requiriu en varias ocasións para o cumprimento da orde xudicial, mostrando inicialmente unha resistencia pasiva para, acto seguido, arremeter con violencia contra os axentes, propinándolles varios empuxóns e patadas, tentando botalos da habitación, mostrando unha actitude moi violenta e agresiva, polo que se produce á súa inmobilización, detención e posterior traslado a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado de Garda.

Como consecuencia desta intervención un dos policías sufriu unha lesión nun brazo sendo trasladado a un centro médico e estando á espera de ser intervido cirurxicamente no día de hoxe.

Danos en espellos retrovisores de turismo

Sobre as 23:52 horas do día 30 de xuño, recíbese unha chamada na Sala do 092 na que se informa que un individuo rompera os espellos retrovisores dun turismo e o tíñan localizado nun local de hostalería da Rolda das Mercedes.

Que ao lugar acode unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo que se entrevista co requirente e testemuña dos feitos, indicando as características físicas da persoa presunta autora dos danos, comprobando que un vehículo estacionado presenta os dous espellos retrovisores rotos. Acto seguido trasládanse ao local onde o requirente identifica á persoa causante destes danos, procedendo á súa identificación, tratándose dun home de 24 anos, instruíndose dilixencias para o Xulgado de Garda.

Noticias relacionadas