COMUNICADO DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL

Mércores, 16 de xullo de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
COMUNICADO DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL

A madrugada do día 15 de xullo, unha patrulla da Policía Local de Lugo acode a un edificio da zona norte da cidade xa que ao parecer nunha vivenda está a producirse unha discusión entre unha parella.

Os axentes preséntanse de inmediato e entrevístanse coa muller manifestando que mantivo unha discusión coa súa parella e debido ao forcexo prodúcense negróns nos brazos, presentando un hematoma na fronte e recoñecendo que se agrediron mutuamente.

O home é identificado, manifestando que no transcurso da discusión a súa parella mordeulle unha orella e agrediuno con varios golpes, recoñecendo que lle deu unha puñada na fronte para defenderse.

Por estes feitos procédese á detención de ambos, sendo trasladados inicialmente a un centro médico para a súa asistencia sanitaria e posteriormente a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado correspondente.

Delito contra a seguridade viaria

A noite do día 15 un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo, observa a circulación errática e irregular dun vehículo pola rúa Río Navia, xa que a súa velocidade era moi reducida e cando realiza a manobra de xiro á dereita para estacionar está a piques de chocar contra un vehículo estacionado.

Ao entrevistarse os axentes coa condutora, compróbase que CARECE do permiso de condución, estando acompañada polo titular do vehículo, manifestando que foi el mesmo quen lle permita conducir, instruíndose dilixencias contra a condutora por un delito contra a seguridade viaria e ao titular do vehículo instrúense tamén dilixencias en calidade de cooperador necesario para a realización do delito.

O Código penal establece para esta conduta unha pena de prisión de tres a seis meses.

Noticias relacionadas