Comunicado de Prensa da Policía Local

Martes, 07 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Unidade Territorial de Policía de Barrio, proceden sobre as 23:50 horas do día 4 de xaneiro á detención dun home como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

Os feitos ocorreron cando unha muller denuncia aos axentes que na rúa Illas Canarias, tras unha discusión coa súa parella, foi agredida por este agarrándoa contra a parede e presionándoa contra a mesma e así mesmo impedíalle saír do domicilio a pesar de que llo repetira en varias ocasións. Que ao parecer, a súa parella mantivo esta actitude tanto dentro do domicilio como no rellano da escaleira, propinándolle fortes empuxóns para introducila outra vez en casa. Que, así mesmo, a súa parella púxose tan agresivo que daba puñadas na parede e presionábaa cos puños na cara pero sen chegar a impactarlle no corpo, localizando os axentes ao presunto agresor e procedendo á súa detención e posterior condución a dependencias policiais onde se instruíron as oportunas dilixencias para o Xulgado competente.

Intervencións da Unidade de Atestados por accidentes de circulación no centro urbano entre o 3 e o 6 de xaneiro

Día 3

  • 10:30 horas. Accidente de circulación na intersección das vías Infanta Elena e Río Narla. Dous vehículos implicados. Danos materiais
  • 22:54 horas. Accidente de circulación na Avenida Benigno Rivera. Saída de vía do vehículo. Ao condutor practícanselle as probas de alcoholemia arroxando un resultado de 0,72 e 0,68 mg/ l, motivo polo cal se instrúen dilixencias como investigado por un delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido

Día 4

  • 0:48 horas. Saída de vía na rúa Mazaira. Ferido o acompañante do condutor e este a o presentar signos de embriaguez sométeselle ás probas de detección alcohólica arroxando un resultado POSITIVO de 0,89 e 0,71 mg/l, motivo polo cal se instrúen dilixencias como investigado por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido
  • 1:57 horas. Accidente de circulación na rúa Monforte. Tres vehículos implicados. Danos materiais
  • 13:15 horas. Accidente de circulación na rúa Río Sil. Dous vehículos implicados. Danos materiais
  • 20:10 horas. Accidente de circulación na Avenida Infanta Elena (glorieta de ligazón co centro comercial As Termas). Dous vehículos implicados. Danos materiais

Día 5

  • 4:24 horas. Accidente de circulación en rúa Anduriñas. 4 vehículos implicados. Danos materiais. Ao condutor do turismo responsable do accidente practícaselle probas de alcoholemia con resultado POSITIVO de 0,95 e 0,88 mg/ l, instruíndo dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido
  • 16:10 horas. Accidente de circulación na Fervedoira. Tres vehículos implicados. Danos materiais

Día 6

  • 17:50 horas. Accidente de circulación na Praza de Conde Fontao. Dous vehículos implicados. Danos materiais
  • 20:15 horas. Accidente de circulación en Acea de Olga. Dous vehículos implicados. Danos materiais

Ademais, co consecuencia dun dispositivo policial establecido nas inmediacións do campo de fútbol “Anxo Carro”, dáselle o “alto” a un vehículo cuxo condutor presenta síntomas de acharse baixo a influencia de bebidas alcohólicas, arroxando un resultado POSITIVO de 1,36 e 1,26 mg/ l, motivo polo cal se instrúen dilixencias como investigado por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Control aos establecementos públicos

Para o control do cumprimento da normativa autonómica e local de establecementos públicos e actividades recreativas, realizáronse as seguintes accións policiais:

  • Inspección dun local nocturno na Rúa Nova. Levántase acta por infracción á Ordenanza Municipal de Contaminación Acústica
  • Inspección dun local de lecer en rúa do Miño. Levántanse actas de infracción por exceder o aforo máximo permitido, exercer actividade en zona prohibida e música en ton moi elevado

Axuda humanitaria

Efectivos da Unidade Territorial da Policía de Barrio acoden sobre as 17:10 horas do día 5/01/20 a un establecemento da Rúa Lamas de Prado onde se acha unha muller maior con síntomas de estar desorientada. A patrulla realiza xestións e pescúdase o domicilio da señora onde foi conducida, quedando ao cargo dun irmán, informándonos que padece unha efermidade e que xa a estaban buscando polo barrio.

Convivencia veciñal

Unha patrulla adscrita ao Grupo Operativo Nocturno da Unidade Territorial de Policía de Barrio acode a unha vivenda da Praza de San Lorenzo, onde unha persoa queixábase dos ruídos que proviñan doutro inmoble. Os axentes actúan como mediadores e cooperan coa súa intervención á resolución do conflito, finalizando sen outra novidade.

Noticias relacionadas