Comezan as rutas en bicicleta do ciclo #PaseArte, organizadas pola área de Cultura

O Tenente Alcalde acudiu ao inicio das rutas, realizadas polo guía Guido Álvarez

Un total de 11 rutas en bicicleta terán lugar ata o 4 de setembro

Mércores, 30 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comezan as rutas en bicicleta do ciclo #PaseArte, organizadas pola área de Cultura

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acudiu á primeira ruta turística en bicicleta que oferta a área de Cultura dentro da programación de visitas turísticas ofertadas pola área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua para este verán.

As novas rutas permiten desfrutar da arte nas rúas, nas súas distintas expresións. As rutas pasarán polas intervencións artísticas realizadas na cidade, entre as que se atopan os murais realizados durante o Culturban, elementos escultóricos e as palabras do ano entre outras mostras. Estas novas visitas organízanse a pé e en bicicleta, seguindo coa aposta da Tenencia de Alcaldía por unha mobilidade sostible e saudable

As rutas artísticas do ciclo #PaseArte terán lugar entre o 25 de xuño e o 17 de setembro, durante 10 venres, 7 mércores e catro sábados. Para as visitas en bicicleta, será preciso que cada persoa leve a súa.

Datas visitas

  • A pé entre as 18 e as 20 horas: 3 de setembro, 10 de setembro, 17 de setembro.
  • A pé entre as 19 e as 21 horas: 25 de xuño, 9 de xullo, 16 de xullo, 30 de xullo, 6 de agosto, 20 de agosto e 27 de agosto.
  • En bicicleta entre as 11 e as 13 horas: 31 de xullo, 7 de agosto, 28 de agosto e 4 de setembro.
  • En bicicleta entre as 19 e as 21 horas: 30 de xuño, 7 de xullo, 14 de xullo, 21 de xullo, 4 de agosto, 18 de agosto e 25 de agosto.

Visitas Turísticas polo centro da cidade

Entre o 11 de xuño e o 12 de setembro, a área de Cultura organiza visitas guiadas todos os venres, sábados e domingos ás 12 horas. Serán visitas guiadas polo casco histórico, onde se explicará o patrimonio artístico e cultural do centro da cidade, e que partirán desde a oficina de Turismo, situada na praza do Campo.

Multimedia

  • Comezan as rutas en bicicleta do ciclo #PaseArte, organizadas pola área de Cultura
  • Comezan as rutas en bicicleta do ciclo #PaseArte, organizadas pola área de Cultura

Noticias relacionadas