Comeza a renovación dos buzóns dos colectores soterrados do Centro Histórico para facilitar a súa utilización

Mércores, 28 de decembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comeza a renovación dos buzóns dos colectores soterrados do Centro Histórico para facilitar a súa utilización

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o tenente de alcaldesa e concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández, acompañaron ao persoal de EcoLugo no cambio dos buzóns das illas de colectores soterrados do Centro Histórico, que se renovarán na súa totalidade.

Os novos buzóns son máis fáciles de utilizar por parte dos usuarios e mellora a estética das rúas, cunha imaxe máis apropiada á zona intramurallas. Ademais, esta actuación completa os traballos de arranxo do mecanismo da estrutura que se realizaron xa en todas elas.

Noticias relacionadas