A Casa Consistorial e a Tanxurela ilumínanse de verde conmemorando o Día Nacional do Donante de Órganos e Tecidos

Martes, 31 de maio de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, iluminará de verde, no día de mañá, a fachada da Casa Consistorial e a Tanxurela, conmemorando o Día Nacional do Donante de Órganos e Tecidos, 2 de xuño.

A petición foi solicitada por Alcer Lugo, unha asociación sen ánimo de lucro con fins de carácter social, que ofrece información e asesoramento sobre a insuficiencia renal crónica (I. R. C.), ademais de prestar servizos e organizar actividades para mellorar a calidade de vida deste colectivo ao redor da súa problemática. Dende o Concello preténdese axudar a concienciar á poboación para que aumenten as doazóns de órganos e que moitas persoas poidan seguir vivindo.

Lembrar tamén que pode ser doante de órganos toda persoa que en vida decida que, os seus órganos sirvan para salvar ou mellorar a vida doutros.

Noticias relacionadas