Asinado o contrato para as obras de instalación do ascensor de Fontiñas, que comezarán en setembro

Adxudicadas en 181.000€, teñen un prazo de execución de catro meses. O Goberno cumpre cunha forte demanda da veciñanza con esta dotación pública, que, no marco do seu modelo de cidade, mellorará a calidade de vida dos milleiros de veciños do barrio.

Venres, 27 de xullo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Asinado o contrato para as obras de instalación do ascensor de Fontiñas, que comezarán en setembro

Adxudicadas en 181.000€, teñen un prazo de execución de catro meses.
O Goberno cumpre cunha forte demanda da veciñanza con esta dotación pública, que, no marco do seu modelo de cidade, mellorará a calidade de vida dos milleiros de veciños do barrio

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, asinou este venres o contrato para a instalación do ascensor de Fontiñas e a humanización do entorno, adxudicado á empresa Sergonsa Servicios SL por un importe de 181.000€. As obras, contempladas nos Orzamentos deste 2018 que sacou adiante o Goberno de Lara Méndez, comezarán no mes de setembro e contan cun prazo de execución de 4 meses.

Deste xeito, o barrio contará cunha dotación pública coa que o Executivo cumpre unha forte demanda da veciñanza, que “mellorará a accesibilidade e a comodidade dos milleiros de persoas que viven nesta zona da cidade e das persoas que nos visitan, en definitiva a súa calidade de vida, sobre todo a das persoas maiores, que a día de hoxe se encontran con moitas dificultades pola orografía para desprazarse a outras zonas da cidade”, subliñou Ana Prieto. Esta actuación é unha peza central do modelo de cidade do Goberno, máis accesible, cómoda, humana e sostible. 

O ascensor de Fontiñas salvará o desnivel de 11 metros existente entre esta ronda e a rúa Ramón  Montenegro. O proxecto leva aparelladas ademais distintas actuacións de humanización da zona.

Noticias relacionadas