Rubén Arroxo: “trátase dunha actuación necesaria para favorecer a accesibilidade aos distintos puntos da cidade”
A actuación ten un custo de 30.200€ para realizar un total de 35 rebaixes

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, informou da realización de 35 rebaixes en pasos de peóns de toda a cidade. Segundo declarou Rubén Arroxo, “é unha actuación necesaria para favorecer a accesibilidade, eliminando barreiras arquitectónicas, nos distintos puntos da cidade”. Arroxo informou que “estanse a realizar rebaixes en rúas nas que ata o de agora non se realizara ningunha acción deste tipo”.
En total están a realizarse 35 rebaixes en pasos de peóns das rúas Cambria, Xulia Minguillón, Avenida da Coruña, Ramiro Rueda, Montero Ríos, Ronda das Fontiñas, Illas Canarias, Alfredo Brañas e Aquilino Iglesias Alvariño. A actuación adxudicouse por 30.200€.
Rubén Arroxo afirmou que “desde o goberno municipal traballamos nos distintos barrios da cidade, en moitos casos en zonas nas que se levaba anos sen realizar ningunha actuación, mellorando a estética da zona e as condicións de vida da veciñanza”.