Rubén Arroxo: “nas últimas semanas realizamos estudos para mellorar a seguridade deste punto”
A modificación permitirá gañar 25 prazas de estacionamento a menos de 5 minutos do centro

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, informou das modificacións que se están a realizar na rúa Río Sil, para mellorar o cruce coa rúa Conde. Rubén Arroxo explicou que “nos pasados días realizamos distintas probas para recoller datos e comprobar as posíbeis solucións para mellorar a seguridade nun dos puntos máis conflitivos da cidade”.
No día de hoxe procedeuse a sinalizar a unidireccionalidade da rúa Río Sil, no treito que vai desde o cruce coa rúa Conde e a rúa Monforte. Rubén Arroxo explicou que “esta é a solución máis viable tecnicamente para mellorar a seguridade viaria, que permitirá ademais aumentar en 25 o número de prazas de estacionamento situadas a menos de 5 minutos do centro”.
O Tenente de Alcalde explicou que “tratamos de dar a mellor resposta posíbel a unha solicitude moi reclamada pola veciñanza da zona, que nos ten chegado tanto por veciñas e veciños de maneira individual como polas comunidades de veciños”.
Audio
- O edil de Infraesctruturas, Rubén Arroxo, sobre as obras en Río Sil | Descargar mp3