Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de Mobilidade modifica o cruce das rúas Río Sil e Conde

A área de Mobilidade modifica o cruce das rúas Río Sil e Conde

Rubén Arroxo: “nas últimas semanas realizamos estudos para mellorar a seguridade deste punto”

A modificación permitirá gañar 25 prazas de estacionamento a menos de 5 minutos do centro

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución,
    • Tráfico
Mércores, 18 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Mobilidade modifica o cruce das rúas Río Sil e Conde

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, informou das modificacións que se están a realizar na rúa Río Sil, para mellorar o cruce coa rúa Conde. Rubén Arroxo explicou que “nos pasados días realizamos distintas probas para recoller datos e comprobar as posíbeis solucións para mellorar a seguridade nun dos puntos máis conflitivos da cidade”.

No día de hoxe procedeuse a sinalizar a unidireccionalidade da rúa Río Sil, no treito que vai desde o cruce coa rúa Conde e a rúa Monforte. Rubén Arroxo explicou que “esta é a solución máis viable tecnicamente para mellorar a seguridade viaria, que permitirá ademais aumentar en 25 o número de prazas de estacionamento situadas a menos de 5 minutos do centro”.

O Tenente de Alcalde explicou que “tratamos de dar a mellor resposta posíbel a unha solicitude moi reclamada pola veciñanza da zona, que nos ten chegado tanto por veciñas e veciños de maneira individual como polas comunidades de veciños”.

Audio

  • O edil de Infraesctruturas, Rubén Arroxo, sobre as obras en Río Sil | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-mobilidade-modifica-o-cruce-das-ruas-rio-sil-e-conde

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/201118_ruben_arroxo_rio_sil.mp3