- Tema
Luns, 12 de marzo de 2018
Fonte:
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo vén de ampliar as dúas marquesiñas existentes xunto ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), coa finalidade de garantir un espazo cuberto a todas as persoas que viaxan no autobus urbano, así como ás usuarias do servizo de taxi. Concretamente duplicouse a marquesiña actual dos taxis e engadíuselle un módulo á do bus, unhas tarefas cun orzamento de 9.800 euros.
Con esta ampliación das marquesiñas o Gobero volve pór aos veciños e veciñas no centro da xestión municipal, ben sexa en grandes proxectos ou en actuacións máis pequenas, todas elas co obxecto de mellorar a calidade de vida das e dos lugueses.
Audio
- Manuel Núñez, sobre as marquesiñas de bus e taxi | Descargar mp3