
Alumnado do Ciclo Superior de Edificación e Obra Civil, do IES "As Fontiñas" de Santiago de Compostela visitou as instalacións do edificio municipal Impulso Verde, promovido na Garaballa por Lara Méndez no marco do proxecto LIFE Lugo+Biodinámico, cofinanciado pola Unión Europea.
O grupo, formado por 10 alumnas e alumnos acompañados por unha profesora, con idades comprendidas entre os 18 e os 43 anos mostraron o seu interese por coñecer exemplos de edificación e de arquitectura na que se aplican novas tecnoloxías da construción e utilízanse técnicas de arquitectura pasiva (Passiv House), como ocorre no edificio Impulso Verde.
Este inmoble cumpre, a través das numerosas visitas que recibe, coa súa importante función didáctica como expoñente do modelo de cidade que lidera a alcaldesa Lara Méndez. Un proxecto, clave na educación e na concienciación cidadá para avanzar na configuración de urbes máis fortalecidas ante o cambio climático.