Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Alumnado de Edificación e Obra Civil de Santiago de Compostela visita as instalacións do Impulso Verde de Lugo

Alumnado de Edificación e Obra Civil de Santiago de Compostela visita as instalacións do Impulso Verde de Lugo

  • Tema
    • Educación,
    • Infraestruturas,
    • Medio ambiente,
    • Novas tecnoloxías,
    • Urbanismo
Venres, 10 de marzo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Alumnado de Edificación e Obra Civil de Santiago de Compostela visita as instalacións do Impulso Verde de Lugo

Alumnado do Ciclo Superior de Edificación e Obra Civil, do IES "As Fontiñas" de Santiago de Compostela visitou as instalacións do edificio municipal Impulso Verde, promovido na Garaballa por Lara Méndez no marco do proxecto LIFE Lugo+Biodinámico, cofinanciado pola Unión Europea.

O grupo, formado por 10 alumnas e alumnos acompañados por unha profesora, con idades comprendidas entre os 18 e os 43 anos mostraron o seu interese por coñecer exemplos de edificación e de arquitectura na que se aplican novas tecnoloxías da construción e utilízanse técnicas de arquitectura pasiva (Passiv House), como ocorre no edificio Impulso Verde.

Este inmoble cumpre, a través das numerosas visitas que recibe, coa súa importante función didáctica como expoñente do modelo de cidade que lidera a alcaldesa Lara Méndez. Un proxecto, clave na educación e na concienciación cidadá para avanzar na configuración de urbes máis fortalecidas ante o cambio climático.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alumnado-de-edificacion-e-obra-civil-de-santiago-de-compostela-visita-instalacions-do-impulso