Durante as festas, realizarase o corte ó tráfico e prohibirase aparcar en todo o Paseo Álvaro Cunqueiro, exceptuando o paso a residentes e usuarios do colexio en horario lectivo.
Durante a proba de Carrilanas do sábado 12, realizaranse distintos corter para garantir a seguridade no percorrido.

O edil responsable da área de Infraestruturas Urbanas no Concello de Lugo, Alexandre Penas, presentou hoxe o plan de tráfico que se aplicará durante os vindeiros días para garantir a seguridade viaria nas festas do Barrio da Ponte. Co fin de garantir o correcto desenvolvemento do evento e a seguridade das e dos participantes e cidadáns, Penas explicou que "durante as festas, realizarase o corte ó tráfico e prohibirase aparcar en todo o Paseo Álvaro Cunqueiro, exceptuando o paso a residentes e usuarios do colexio en horario lectivo".
Así, para o desenvolvemento das diferentes actuacións e as barracas, non será necesario levar a cabo ningún corte de tráfico dado que tódalas actividades se desenrolan dentro da parcela privada propiedade da asociación, non interferindo co tráfico de vehículos en zonas públicas. Por outro lado, o domingo 6 de abril, terá lugar a procesión dende a igrexa de San Lázaro ata o campo da festa, estimando que será dende as 13:00 horas, que remata a misa, ata as 15:00 horas. Estando de volta na igrexa despois de percorrer en ambos sentidos a Rúa Fermín Rivera e o Paseo Álvaro Cunqueiro. Neste caso, cortarase o tráfico no fondo da Estrada Vella de Santiago na súa confluencia co Paseo Álvaro Cunqueiro e a Rúa Fermín Rivera. E na propia Rúa Fermín Rivera, á altura da Igrexa de San Lázaro.
Na xornada do 12 de abril, coincidindo coa proba do Campionato Galego de Carrilanas 2025, realizaranse diversos cortes para de permitir a ocupación precisa en condicións de seguridade tanto para organización e participantes como para usuarios da zona de influencia, afectando ás seguintes rúas: Doutor Iglesias Otero, Intersección de Estrada Vella de Santiago con Camiño Rego da Laxe, Intersección de Estrada Vella de Santiago con Camiño Agro da Ponte, Rúa Fermin Rivera, Estrada Vella de Santiago, Intersección en Lugar Pontegaos con Estrada Vella da Ponte 1, Saída da Rúa Brétema cara a Estrada Vella de Santiago, Intersección de Rúa Fermín Rivera con Estrada Vella de Santiago, Paseo Álvaro Cunqueiro (localización de META da proba).

