A alcaldesa visita as aulas abertas do Concello, que ofrece 400 prazas para favorecer a conciliación familiar

Paula Alvarellos, acompañada da edil de Benestar Social, Olga López Racamonde, estivo cos cativos e cativas nas actividades que se desenvolven no centro Paco Martín.

Martes, 09 de xullo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa visita as aulas abertas do Concello, que ofrece 400 prazas para favorecer a conciliación familiar

Co obxectivo de garantir a conciliación familiar e laboral, o Executivo de Paula Alvarellos puxo en marcha as aulas abertas a primeiros de xullo, que ofertan para este verán 400 prazas para nenas e nenos de 4 a 10 anos nos centros de convivencia de Fingoi, Lamas de Prado, Maruja Mallo, Milagrosa e Paco Martín. Precisamente, neste último, estivo hoxe a alcaldesa acompañada da concelleira de Benestar Social, Olga López Racamonde, para comprobar a marcha deste programa de conciliación e falar cos monitores e monitoras encargados do seu desenvolvemento.

Co fin de garantir que este programa chegue ao maior número de nenas e nenos dunha mesma unidade familiar, as aulas abertas impulsadas polo Concello de Lugo contan con bonificacións do 50 por cento para o segundo fillo ou filla, mentres que o terceiro ou terceira queda exento de pago. Outro dos obxectivos que se cumpre con esta iniciativa é favorecer a inclusión neste tipo de actividades do maior número de  nenas e nenos. Por iso conta con prezos baixos e bonificacións; prazas reservadas para menores con algún tipo de discapacidade, ao igual que os cativos e cativas de familias en situación de vulnerabilidade.

O citado programa desenvolverase en catro quendas, con 20 participantes en cada unha delas, desde o 1 ao 15 deste mes e do 16 ao 31 de xullo; e outros dous grupos do 1 ao 14, e do 16 ao 30 de agosto. O amplo horario, de seis horas á mañá, permite cubrir toda a xornada de traballo matinal de nais e pais, para unha conciliación real e efectiva.

Noticias relacionadas