A Alcaldesa reúnese cos pedáneos do Concello

Sábado, 03 de outubro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este sábado un encontro cos pedáneos do Concello. Na reunión, a rexedora lembrou que o Goberno dedica unha concellería en exclusiva ao rural, “o que demostra o especial impulso que lle querermos dar, tanto á dotación de servizos e infraestruturas rurais, como ao desenvolvemento económico das 54 parroquias lucenses, que representan o 80% do noso territorio”, subliñou a rexedora.

“A simbiose entre a realidade rural e urbana é unha das nosas grandes liñas de traballo, xa que o rural é a nosa esencia e unha das grandes oportunidades para o municipio a nivel económico, social, cultural e turístico”, asegurou a Alcaldesa.

Ao encontro tamén asistiu o voceiro municipal e Concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro.

Noticias relacionadas