A alcaldesa Paula Alvarellos visitou aos sete axentes de Policía Local que farán as prácticas este verán en Lugo

Martes, 02 de xullo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa Paula Alvarellos visitou aos sete axentes de Policía Local que farán as prácticas este verán en Lugo

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, visitou esta mañá a Comisaría de Policía Local de Lugo, acompañada polo Intendente Xefe, Jesús Piñeiro; e polo Inspector, José Manuel Río Espiño, para departir cos sete axentes da AGASP que realizarán as prácticas este verán en Lugo para, posteriormente, incorporarse ao cadro de persoal lucense.

Alvarellos, que xa recibiu a estes efectivos o pasado mes de xaneiro na Casa do Concello antes de incorporarse ao seu período formativo, aproveitou para darlles a benvida de novo e destacar “a fortuna que tedes de poder desenvolver as vosas prácticas e o voso futuro laboral nunha das cidades máis seguras de España, como é Lugo, en boa medida grazas ao o importante labor que realiza a Policía Local en prol da convivencia cidadá”.

Multimedia

  • A alcaldesa Paula Alvarellos visitou aos sete axentes de Policía Local que farán as prácticas este verán en Lugo

Noticias relacionadas