A Alcaldesa participa na xornada de divulgación científica do Illa Verde

Luns, 20 de xuño de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa participa na xornada de divulgación científica do Illa Verde

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este luns na xornada de divulgación científica organizada polos alumnos de primaria do colexio lugués Illa Verde, nas instalacións do pavillón do centro. Baixo as explicacións dos cativos e acompañada de mestres do centro, a rexedora interesouse por todos e cantos experimentos realizaron os cativos con motivo do Día da Ciencia. A esta xornada aberta tamén asistiron estudantes de diversos colexios da cidade.

Noticias relacionadas