A Alcaldesa comproba a conversión da Ronda da Muralla a zona limitada a 30Km/h

Martes, 07 de marzo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa comproba a conversión da Ronda da Muralla a zona limitada a 30Km/h

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, comprobou in situ este martes a conversión da Ronda da Muralla a zona limitada a 30Km/h. No día de onte, o Concello comezou a sinalización vertical, instalando unhas 11 sinais, e hoxe continuarase coa implantación de novas marcas viais no pavimento lembrando aos condutores a obriga de circular cunha limitación a 30Km/h, que será efectiva a partir de mañá. Así mesmo, acometerase a sinalización que lle outorga máis protagonismo ás bicicletas e adaptaranse os dous radares existentes á nova velocidade.

A medida, que engloba distintos beneficios, o aumento da seguridade, coa conseguinte prevención de accidentes e atropelos, unha mellora da calidade ambiental e un tráfico rodado máis pacífico, o Concello quere restar espazo aos vehículos para darllo á persoas. Esta reforma responde ademais ás necesidades e ao interese do Goberno por converter a Lugo nunha cidade sostible.

Noticias relacionadas