Efectivos da Unidade de Atestados da Policía Local de Lugo, acudiron na madrugada do día 18/10/19 á Avenida de Alfonso X para instruír atestado por accidente de circulación entre dous vehículos.
Na conversación mantida co condutor dun deles os axentes aprecian que presenta signos evidentes de atoparse baixo a influencia de bebidas alcohólicas motivo polo cal é sometido ás probas de impregnación alcohólica, arroxando un resultado positivo de 0,89 mg/ l (case catro veces a taxa regulamentariamente establecida), polo que se tramitan dilixencias por un delito contra a seguridade viaria baixo a modalidade de Xuízo Rápido.
A Policía Local lembra que a conduta descrita está castigada, no vixente Código penal, con pena de prisión de 3 a 6 meses ou coa de multa de 6 a 12 meses ou coa de traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días e en todo caso, coa privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos.