Martes, 01 de xuño de 2010
Fonte:
Gabinete de Prensa
O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, recibiu no Salón de Plenos da Casa do Concello a un grupo de cinco integrantes de Rotary Club que están a visitar Lugo.
A visita englóbase dentro do programa de intercambio internacional denominado I.G.E. Trátase de integrantes de distintas profesións (profesora de música, policía montada, promotora da universidade, azafata, ..).
O Rotary Club de Lugo está a amosarlles a cidade de Lugo en compañía dunha guía do Concello de Lugo.
O Concelleiro entregoulles un agasallo como recordo da súa visita a Lugo.