A inauguración da nova ampliación das Gándaras sitúa o polígono como un referente con máis de 2 millóns de metros cadrados e 90 M€ de investimento

O novo espazo arranca cun gran éxito de comercialización ao adxudicarse o primeiro día 27 das 39 parcelas dispoñibles

Venres, 11 de setembro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A inauguración da nova ampliación das Gándaras sitúa o polígono como un referente con máis de 2 millóns de metros cadrados e 90 M€ de investimento

O Concello de Lugo e a Xunta de Galicia reafirmaron hoxe o seu compromiso co impulso industrial e empresarial da cidade. No acto de inauguración da nova ampliación do parque industrial das Gándaras (que suma 39 novas parcelas e 700 prazas de aparcamento), puxéronse de manifesto as cifras definitivas do proxecto.

Cando o polígono estea completamente rematado, contará con máis de 2 millóns de metros cadrados de solo industrial e o investimento total rondará os 90 millóns de euros, unha infraestrutura estratéxica que permitirá ampliar as empresas que xa existen, así como atraer outras novas que se queiran instalar en Galicia.

Como mostra do éxito desta ampliación e da alta demanda de solo empresarial na capital lucense, confirmouse un dato moi de relevo durante a xornada: 27 das 39 novas parcelas (o 69%) quedaron adxudicadas este mesmo día, consolidando a Lugo como un polo de atracción de investimentos de primeiro nivel.

Compromiso municipal inmediato con solucións reais

Neste escenario de proxección económica, e xunto ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e representantes do tecido empresarial, a alcaldesa asumiu o compromiso público de dar resposta ás peticións presentadas pola Asociación de Empresarios das Gándaras e O Ceao con feitos e solucións reais desde o Concello:

  • Melloras na auga: Licitaranse de inmediato as melloras no abastecemento do polígono do Ceao para corrixir as deficiencias existentes.
  • Parque de Enerxías Alternativas, unha zona completamente abandonada.
  • Conciliación: Trabállase conxuntamente coa propia Asociación de Empresarios de O Ceao - As Gándaras para impulsar servizos de conciliación que axuden ás familias e traballadores.

A alcaldesa resumía a folla de ruta destacando que “trátase de dotar de servizos esenciais aos nosos polígonos, que son o motor do emprego e a mellor ferramenta para xerar novas oportunidades e reter o talento en Lugo”.

Multimedia

  • A inauguración da nova ampliación das Gándaras sitúa o polígono como un referente con máis de 2 millóns de metros cadrados e 90 M€ de investimento

Noticias relacionadas