A actuación, que se licitará na próxima Xunta de Goberno Local, permitirá renovar o firme e mellorar as condicións de seguridade deste espazo
- Tema
Luns, 07 de setembro de 2026
Fonte:
Gabinete de Prensa

A actuación conta cun orzamento de 340.954 euros, IVE incluído, e se levará á próxima Xunta de Goberno Local para iniciar o seu proceso de licitación.
Durante o verán, dende a área de mobilidade actuouse de maneira urxente para restablecer as condicións de seguridade no Leirapárking.
Esa actuación tiña carácter provisional, á espera de poder acometer unha intervención integral sobre o firme.
Agora o Concello presenta o proxecto definitivo, que permitirá actuar sobre o conxunto do aparcadoiro cunha solución adaptada ás características e ao uso de cada zona.
Segundo recolle o proxecto, a actuación consiste na rehabilitación do firme do aparcadoiro, que actualmente está constituído por unha capa de zahorra e presenta un estado de deterioro xeneralizado.
Para dar resposta a esta situación, proxéctase unha solución diferenciada segundo a función de cada zona:
- Viais de circulación: pavimentación con mestura bituminosa en quente.
- Prazas de aparcamento: acabado en zahorra artificial.

