Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello presenta o proxecto para rehabilitar o Leirapárking, cun investimento de 340.954 euros

O Concello presenta o proxecto para rehabilitar o Leirapárking, cun investimento de 340.954 euros

A actuación, que se licitará na próxima Xunta de Goberno Local, permitirá renovar o firme e mellorar as condicións de seguridade deste espazo

  • Tema
    • Infraestruturas
Luns, 07 de setembro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello presenta o proxecto para rehabilitar o Leirapárking, cun investimento de 340.954 euros
A actuación conta cun orzamento de 340.954 euros, IVE incluído, e se levará á próxima Xunta de Goberno Local para iniciar o seu proceso de licitación.
 
Durante o verán, dende a área de mobilidade actuouse de maneira urxente para restablecer as condicións de seguridade no Leirapárking.
 
Esa actuación tiña carácter provisional, á espera de poder acometer unha intervención integral sobre o firme.

Agora o Concello presenta o proxecto definitivo, que permitirá actuar sobre o conxunto do aparcadoiro cunha solución adaptada ás características e ao uso de cada zona.
 
Segundo recolle o proxecto, a actuación consiste na rehabilitación do firme do aparcadoiro, que actualmente está constituído por unha capa de zahorra e presenta un estado de deterioro xeneralizado.
 
Para dar resposta a esta situación, proxéctase unha solución diferenciada segundo a función de cada zona:
  • Viais de circulación: pavimentación con mestura bituminosa en quente.
  • Prazas de aparcamento: acabado en zahorra artificial.
 

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-presenta-o-proxecto-para-rehabilitar-o-leiraparking-cun-investimento-de-340954