Elena Candia avanza a estrutura do novo goberno municipal e fixa as áreas de responsabilidade e os voceiros do executivo

A nova alcaldesa impulsará un goberno máis próximo, resolutivo e centrado na mellora dos servizos públicos.

Luns, 11 de maio de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Elena Candia avanza a estrutura do novo goberno municipal e fixa as áreas de responsabilidade e os voceiros do executivo

O novo goberno municipal de Lugo presidido por Elena Candia xa está en marcha. A alcaldesa enviou aos servizos xurídicos para sinatura do decreto de organización no que se especifica a distribución das diferentes áreas “co obxectivo de comezar a traballar desde o minuto cero para impulsar as case medio cento de propostas incluídas no Plan de Acción para Lugo, centrado na mellora dos servizos públicos, da xestión municipal e da atención á veciñanza”.

A distribución das áreas queda organizada do seguinte xeito:

  • Elena Candia López: Medio Ambiente, Xestión Integral de RRHH e Seguridade 
  • Cristina Sanz Arias: Dinamización económica e Relacións Institucionais 
  • Antonio Ameijide Osorio: Mobilidade e Obras 
  • Javier Vázquez Prado: Cultura e Educación 
  • Flor Rubinos Rois: Zona Rural 
  • Ramón Manuel Cabarcos Rodríguez: Urbanismo 
  • Gustavo Enrique Díaz Rey: Política Social, Maiores e Migración 
  • Agustín Gallego Vigo: Turismo e Museos 
  • Mar Carballas Piñeiro: Economía, Participación, Servizos á Veciñanza e Benestar Animal 
  • Damián Carballo Méndez: Deportes, Infancia e Xuventude 
  • Aurora Aida Goás Castro: Muller e Conciliación 
  • Silvia Colmenero Guzmán: Industria e Mercados 
  • María Reigosa Castro, concelleira non adscrita

Respectando o artigo 73.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, terá un traballo de supervisión política e programática de actuacións municipais en materia de infraestruturas de xeito transversal.

Os voceiros do novo equipo de goberno serán Ramón Cabarcos e Mar Carballas. Canto a relación de tenentes de alcaldesa queda establecida do seguinte xeito:

  • Primeiro tenente de alcaldesa: Antonio Ameijide
  • Segundo tenente de alcaldesa: Javier Vázquez
  • Terceira tenente de alcaldesa: Flor Rubinos
  • Cuarto tenente de alcaldesa: Silvia Colmenero
  • Quinto tenente de alcaldesa: Ramón Cabarcos
  • Sexta tenente de alcaldesa: Agustín Gallego
  • Sétima tenente de alcaldesa: Gustavo Díaz
  • Oitavo tenente de alcaldesa: Mar Carballas

Noticias relacionadas