A reposición do pavimento na intersección da Rolda das Fontiñas con Carril dos Indios activa un plan de tráfico especial para os días 23 e 24

A reparación dun colector de saneamento nesta zona motivou a intervención municipal, que unha vez rematada require do arranxo do firme, co que concluirá dita actuación.

Pecharase ao tráfico o carril de baixada, polo que a circulación derivarase polo de subida, que pasará a ser de dobre dirección, e polas zonas de estacionamento próximas.

Luns, 20 de abril de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A reposición do pavimento na intersección da Rolda das Fontiñas con Carril dos Indios activa un plan de tráfico especial para os días 23 e 24

O Goberno Local procederá ao corte do tráfico rodado do carril de baixada entre a Rolda das Fontiñas e o Carril dos Indios, cara á rúa San Eufrasio, os vindeiros días 23 e 24 de marzo co obxectivo de repoñer o pavimento nesta zona, unha vez concluída a reparación dun colector da rede de saneamento. Así, durante as xornadas do xoves e do venres, esta vía non se pechará o tráfico rodado, aínda que os dous sentidos de circulación realizarán o seu percorrido por dito carril e polas prazas de estacionamento pegadas á mediana do outro marxe da calzada, quedando o tramo de vía entre os números 62 e 96 da Rolda das Fontiñas como vía provisional de dobre sentido de circulación. Tamén quedará restrinxido o estacionamento neste marxe esquerdo da vía.

Durante a execución dos traballos de asfaltado, quedará garantido o tránsito peonil na zona, os accesos ás vivendas, aos garaxes e aos locais comerciais, deixando espacio suficiente para que os peóns e usuarios circulen con seguridade. Ademais, prestarase especial atención para permitir o paso dos autobuses polo novo itinerario, que estará debidamente sinalizado durante as dúas xornadas previstas para a execucións destes novas obras, coa disposición de sinais en ámbalas marxes da calzada, co fin de facilitar os xiros.

A reposición do firme neste tramo da vía inclúe traballo de fresado e aglomerado, no cruce da Rolda das Fontiñas co Carril dos Indios, entre os números 72 e 77. Esta actuación pecha a obra realizada hai semanas para a reparación do colector na intersección de Rolda das Fontiñas son Carril do Indios, unha intervención necesaria para mellorar a rede de abastecemento e saneamento da cidade.

Coa entrada en funcionamento deste plan de tráfico, o Goberno de Lugo busca compatibilizar a execución dunha actuación necesaria para a mellora das infraestruturas coa minimización das molestias á cidadanía e a garantía da seguridade viaria.

Noticias relacionadas