O Concello recibe as “Maletas Viajeras” cheas de boa literatura coa que inculcar o espírito feminista e rebelde

 O alcalde, xunto á edil Ángeles Novo, recolleu da subdelegada do Goberno, os 24 libros que estarán a disposición da cidadanía na biblioteca da Casa da Muller durante varios meses.

Miguel Fernández pon en valor esta iniciativa “coa que se pretende fomentar a educación igualitaria; loitar contra o conformismo e, tamén, contra as violencias machistas”.

As dúas maletas contén literatura infantil e para adultos, coa que abordar o maltrato,  o matriarcado, o matrimonio, a maternidade, os roles de xénero, o empoderamento e a ciberviolencia, entre outros temas.

Luns, 27 de outubro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello recibe as “Maletas Viajeras” cheas de boa literatura coa que inculcar o espírito feminista e rebelde

 O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, acompañado da concelleira de Muller e Igualdade, Ángeles Novo, recolleu esta mañá as dúas Maletas Viaxeiras de mans da Subdelegada do Goberno, Olimpia López, para trasladarllas á biblioteca da Casa da Muller, onde os 24 volumes destas maletas estarán a disposición da poboación en xeral durante varios meses. O alcalde de Lugo sinalou que con esta iniciativa “se pretende fomentar a educación igualitaria e a loita contra as violencias machistas, a través dunha literatura en particular, coa que remover as conciencias, e fomentar o espírito crítico entre a xuventude”.

Pola súa banda, a subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, explicou que o obxectivo é que “a MAVI sexa un espazo de encontro, reflexión e diálogo, especialmente entre a mocidade, que nos axude a construír unha sociedade máis xusta, igualitaria e libre de violencias”.

Para iso estas dúas maletas viaxeiras gardan no seu interior libros de literatura infantil e para adultos, ata un total de 12 volumes cada unha. “Poremos a disposición das e dos lucenses un total de 24 obras. Por unha banda están dirixidas ás nenas, para que exploren e exerciten o seu espírito feminista, e por outra, para as persoas adultas, poñendo o foco en temas como a violencia machista e o maltrato; o matriarcado; o matrimonio; a maternidade; os roles de xénero; o empoderamento feminino e a marxinalidade respecto ao home”, sinala a edil de Muller, Ángeles Novo, quen tamén destacou que “a educación ten que ser unha ferramenta máis para loitar a favor da igualdade real e para inculcar á xuventude valores feministas e de igualdade”, en clara alusión ás obras de literatura xuvenil.

De Pardo Bazán a Najat el Hachmi

Estes 24 volumes falan sen tapuxos de todos estes temas desde diferentes formatos e perspectivas, empregando os contos, o comic, as historias autobiográficas, o ensaio e a novela.  As maletas conteñen libros como Insolación, de Emilia Pardo Bazán, unha obra que despois de máis de cen anos da morte da escritora sigue a ser divertida, cunha concepción claramente feminista e moi adiantada a súa época, ao igual que a súa propia autora. Entre outras obras clásicas tamén destaca La mujer del porvenir, escrita en 1869 por Concepción Arenal. Nas dúas maletas viaxeiras entregadas hoxe contan ademais con lecturas de escritoras como  Elena Favilli, Montse Fajardo, Nuria Varela, Laura Freixas, Raquel Riba Rossy, Pamela Palenciano, Rocío Salazar, Rebecca Solnit, Sandra Barreda e a galega, María Oruña.

Ademais, gracias ás obras de autoras como Laura Nuño, Beatriz  Ranea Treviño, Carme Valls Llobet, Najat el Hachmi, María Sánchez e Amelia Tiganus se abordan temas de máis actualidade como a ciberviolencia, os ventres de aluguer, a superación persoal, os estereotipos no mundo rural e a prostitución.

Entre as obras que contén ambas maletas viaxeiras destacan Insolación; La mujer del porvenir;  Desarmar la masculinidad; Maternidades S.A. El negocio de los vientres de alquiler; El Bosque de los cuatro vientos; Mujeres Invisibles para la medicina; El lunes nos querrán; La revuelta de las putas; La tierra de las Mujeres; El color púrpura; A historia dos bonobos con lentes; Yo voy conmigo; Los hombres me explican cosas; Mentiras para ser una mujer de verdad. Manual para principiantes; Si es amor, no duele; futuro es femenino: Cuentos para que juntas cambiemos el mundo; Lola Vendetta. Una habitación propia con wifi; A mí no me iba a pasar: autobiografía con perspectiva de género; Matriarcas. Mulleres en pé de vida; Invisibles: Relatos del maltrato; Feminismo para principiantes; e Voces que cuentan.

Multimedia

  • O Concello recibe as “Maletas Viajeras” cheas de boa literatura coa que inculcar o espírito feminista e rebelde
  • O Concello recibe as “Maletas Viajeras” cheas de boa literatura coa que inculcar o espírito feminista e rebelde

Noticias relacionadas