INSTRUCCIONS PARA O PAGAMENTO DE GASTOS DERIVADOS DA PARTICIPACIÓN NOS PROCEDEMENTOS DE CONTRATACIÓN
PAGAMENTO DE TAXAS ( Ordenanza Fiscal nº 100)
- Pagamento de taxas por Bastanteo de Poder:
Cando o licitador actúe mediante representante ou se trate dunha sociedade ou persoa xurídica deberá realizar o bastanteo do poder para o que presentará documento fidedigno acreditativo da existencia da representación e do ámbito das súas facultades para licitar inscrito no Rexistro Mercantil.
O dito documento ou poder de representación deberá estar bastanteado por funcionarios/as do servizo municipal de contratación do Concello habilitados ó efecto con anterioridade ó remate do prazo establecido para a presentación da documentación e ofertas.
A taxa por este bastanteo ascende a 10,20 euros
Para proceder ó pagamento desta taxa deberá cubrir e imprimir por triplicado o modelo 100 * ( Documento de ingreso-Taxa pola expedición de documentos administrativos) codigo 01 - e presentalo para o seu pagamento nalgunha das entidades bancarias colaboradoras (NOVAGALICIA BANCO, BBVA, LA CAIXA - CAIXABANK)
No apartado “Observacións” do modelo 100 identificará claramente o procedemtno de licitación e o obxecto do contrato.
Un exemplar deste documento ( “exemplar para o Concello”) deberá unirse ó bastanteo realizado polos funcionarios municipais e se incorporará como documento dentro do Sobre A ( Documentación administrativa)
- Pagamento de taxas por formalización do contrato
Na resolución ditada polo organo de contratación para a adxudicación do contrato e que se notificará ó interesado indicarase o importe a aboar en concepto de taxa por formalización do contrato.
Para proceder ó pagamento desta taxa deberá cubrir e imprimir por triplicado o modelo 100 *( Documento de ingreso-Taxa pola expedición de documentos administrativos) codigo 04 indicando o importe correspondente e presentalo para o seu pagamento nalgunha das entidades bancarias colaboradoras ( NOVAGALICIA BANCO, BBVA, LA CAIXA-CAIXABANK)
No apartado “ Observacións” do modelo 100 identificará o procedemento de contratación ó que concorre o interesado e o obxecto do contrato.
Un exemplar ( exemplar para o Concello) deberá presentarse nas Oficinas Municipais do Servizo de Contratación antes do dia sinalado para proceder á formalización do contrato.
* O modelo 100 ( Taxa pola expedición de documentos administrativos) se atopa dispoñible en http://www.lugo.es/Modalidad3/Autoliquidacion?modelo=100
PAGAMENTO DOUTROS GASTOS
- Pagamento do importe correspondente á garantia definitiva ( en caso de pagamento en metálico)
A resolución ditada polo organo de contratación pola que se proceda á selección da oferta económicamente máis ventaxosa e que se notificará ó interesado indicarase o importe a aboar correspondente á garantía definitiva do contrato.
Para proceder ó pagamento deste importe realizaráse ingreso ou transferencia bancaria nas entidades financieras e contas que a continuación se relacionan indicando claramente o concepto ( Garantia Definitiva) e o nome do procedemento de contratacion e obxecto do contrato.
. Novagalicia Banco: ES59 2080 0101 56 3110000947
. BBVA: ES78 0182-6219-51-0010165210
. LA CAIXA-CAIXABANK: ES08 2100-5850-07-0200014045
Un xustificante desta transferencia ou ingreso deberá presentarse xunto co resto da documentación requirida, no seu caso, no Rexistro Municipal do Concello de Lugo (dirixido ás Oficinas Municipais do Servizo de Contratación) antes do remate do prazo concedido na resolución notificada para proceder á entrega da documentación.
No caso de que a garantia definitiva se presente aval ou seguro de caución, o orixinal destes documentos presentarase igualmente xunto co resto da documentación requirida, no seu caso, no Rexistro Municipal do Concello de Lugo ( dirixido ás Oficinas Municipais do Servizo de Contratación) antes do remate do prazo concedido na resolución notificada para proceder á entrega da documentación.
- Pagamento dos gastos de anuncios de licitación
Na resolución ditada polo organo de contratación para a adxudicación do contrato e que se notificará ó interesado indicarase o importe a aboar en concepto gastos de anuncios de licitación.
Para proceder ó pagamento deste importe realizarase ingreso ou transferencia bancaria nas entidades financieras e contas que a continuación se relacionan indicando claramente o concepto ( Gastos de anuncio) e o nome do procedemento de contratacion e obxecto.
. Novagalicia Banco: ES59 2080 0101 56 3110000947
. BBVA: ES78 0182-6219-51-0010165210
. LA CAIXA-CAIXABANK: ES08 2100-5850-07-0200014045

