O Corpo de Bombeiros do Concello de Lugo realizou un total de 610 saídas durante o ano 2006, segundo explicou hoxe o Concelleiro de Protección da Comunidade, José Ángel González Corredoira. No 2005 o número de actuacións foi de 536 e no 2004 de 561.
O número máis elevado de chamadas foron referidas a incendios, alcanzando o número de 114. As cociñas das casas, e especialmente ao mediodía, son as que máis emerxencias provocan.
A ronda da Muralla estará cortada ó tráfico no tramo comprendido entre a rúa Santiago e a rúa Vilalba debido ós traballos de derrube dos edificios nº 181, 182, 183 e 184.
O corte farase efectivo o sábado, día 22 ás 7.00 horas e está previsto que os traballos rematen o domingo a última hora. Se por algún imprevisto non deran rematado o domingo o corte farase extensivo ó luns.
A ronda da Muralla no tramo comprendido entre a rúa Deputación e a porta de Santiago estará cortada ó tráfico o mércores día 25 dende as 8.00 e as 21.00 horas.
O corte é debido á instalación dun guindastre na ronda para colocar unhas vigas metálicas na obra de conservación e posta en valor da Muralla Romana e os restos arqueolóxicos anexos ó edificio da Vicerreitoría (praza Pío XII).
A circulación de vehículos da ronda desviarase pola rúa Deputación e ronda do Carme.
Os residentes e usuarios de garaxe poderan acceder os mesmos.
A pista de Bagueixos estará cortada ó tráfico a partir da empresa Desguaces Ceao ata as proximidades do Polígono do Ceao entre as 9.00 e as 20.00 horas por mor dos traballos dunha acometida de auga para unha vivenda.
Mañá, xoves, abrirase novamente ao tráfico a Ronda da Muralla no tramo comprendido entre a Porta de Santiago e a Porta de San Pedro, unha vez practicamente rematadas as obras de reurbanización realizadas pola Xunta de Galicia.
Así o anunciou hoxe o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, que lembrou que aínda quedan uns poucos flecos por rematar pero que a rúa está preparada para o tráfico rodado.
O Gabinete de Tráfico do Concello de Lugo, dependente da Concellería de Protección da Comunidade que dirixe José Ángel González Corredoira, vén de colocar na avenida Breogán uns sinais luminosos de ubicación de pasos de peóns.
Trátase dunha nova medida encamiñada á protección do peón á hora de cruzar esta vía.
La empresa Indeza SL., adjudicataria de las obras de la Avenida Carlos Azcárraga, tiene previsto, para el próximo lunes día 2 de abril de los corrientes, realizar la conexión del colector de saneamiento proyectado en la intersección de la Avenida Carlos Azcárraga con la Rúa Venancio Senra.
O Concello de Lugo, en colaboración coa Consellería de Presidencia a través da Academia Galega de Seguridade Pública, imparte dende o xoves 8 de novembro, un curso para a formación de persoal voluntario de Protección Civil en caso de accidentes na estrada.
O curso gratuíto ten unha duración de 40 horas e formará ós asistentes dun modo teórico e práctico en materias de atención sanitaria de emerxencia, a sinalización de emerxencia, o protocolo de actuación en caso de accidente, etc.
Mañá ás 12:00 horas no parque de Bombeiros de Lugo terá lugar a primeira sesión práctica.
A Policía Local informa de que a rúa Primavera estará cortada ó tráfico no tramo comprendido entre o carril das Hortas e o carril das Flores.
O corte farase efectivo hoxe luns, día 26 desde as 15.00 ata as 20.00 e o martes, día 27 entre as 8.00 e as 19,00 horas.
O corte e debido a colocación dun guindastre de obra sito neste tramo de rúa.
LUGAR - TEORÍA: Aula de formación de Protección Civil Municipal en la Plaza de la Constitución, s/n (Edificio Policía Local)
PRÁCTICAS: Parque de Bomberos ( Antigüo Cuartel de Garabolos)
FECHAS: del 23 al 30 de Abril de 2007
HORARIO: de 20 a 23 h de Lunes a Viernes y Sábado de 9 a 14 y 16 a 21 h
DURACIÓN: 20 horas
FORMACIÓN: TEORICA Y PRACTICA en operativos de Protección Civil
Nº DE ALUMNOS: 30 voluntarios de Protección Civil del Concello de Lugo (20) , Meira (5), Fonsagrada (1) y Villalba (4).
La Aca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 227
- 228
- 229
- 230
- 231
- 232
- 233
- 234
- 235
- seguinte ›
- última »