O Concelleiro de Transportes, José Rábade, propuxo esta mañá ante a Comisión de Tráfico, a elaboración dun novo prego e dunha nova ordenanza do servizo de ordenación e regulación de aparcamento. A proposta incluiría a creación de diferentes zonas de estacionamento segundo as necesidades de utilización nas distintas zonas da cidade.
Os bombeiros foron alertados, ás 00.25 horas do día 9, dun incendio nun semiremolque estacionado na área de servizo da A-VI, no Concello de Guitiriz, no aparcadoiro a carón da gasolineira.
O lume quedou sufocado ás 2.00 pola dotación de bombeiros que se desprazou ao lugar e so afectou ó semiremolque e a carga de electrodomésticos que contiña, quedando practicamente calcinado.
Polo momento descoñécense as causa que provocaron este incendio.
No lugar dos feitos estivo unha patrulla da Garda Civil.
O Concelleiro de Transportes, José Rábade, presentou hoxe unha nova guía dos horarios e percorrido dos autobuses urbanos de Lugo.
A guía presenta unha relación das liñas nas que se sitúan as horas de saída e frecuencia dos autobuses.
O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, presentou hoxe os actos de celebración da Virxe dos Ollos Grandes, patrona da Policía Local, o vindeiro 1 de abril.
Rábade anunciou que este ano contará cunha programación de actos diferente.
O día 1 de abril haberá a tradicional recepción de autoridades no Concello a partir das 11:30 e continuará cunha Misa na Catedral, concretamente na capela do Bon Xesús.
Por mor do atentado da banda terrorista ETA que acabou coa vida do ex concelleiro socialista Isaías Carrasco, suspéndese o desfile polo centro da cidade dos coches de bombeiros na honra de San Xoán de Deus, patrón do Corpo.
Os bombeiros de Lugo celebrarán mañá sábado, 8 de marzo, a festivadade de San Xoán de Deus, o seu patrón. Como en anteriores ocasións, os bombeiros realizarán un desfile polo centro da cidade cos coches engalanados e utilizandos sirenas e luces. Esta actividade, que se realiza todos os anos, é seguida por moitos lucenses.
A continuación celebrarase a misa na honra de San Xoán de Deus na capela do parque de bombeiros.
Como en anteriores anos, a víspera da celebración, o parque de bombeiros abriuse aos rapaces da cidade.
Os bombeiros de Lugo celebrarán o vindeiro sábado 8 de marzo a festivadade de San Xoán de Deus, patrón deste Corpo.
A Comisión de Seguemento da Ordenanza Xeral Municipal da Contaminación Acústica reuniuse hoxe para estudar as alegacións presentadas á mesma polos grupos da oposición e a Confederación de Empresarios de Lugo. Foron en total 36 alegacións as estudadas, aprobadas a maioría totalmente ou en parte.
O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, explicou que “se chegou ó acorgo de redactar xa o proxecto definitivo da ordenanza”. Unha vez redactado, será enviado a Asesoría Xurídica, pasará á Xunta de Goberno para levalo a aprobación inicial no Pleno.
Un home de profesión escaiolista sufríu una caída desde un andamio no que estaba traballando con unha altura aproximada de 2 metros. Os feitos tiveron lugar hoxe, día 13, ás 11.10 horas no baixo sito no Carril das Frores, 30.
O traballador foi evacuado ó Hospital Xeral nunha ambulancia do 061.
I.A.F. de 45 anos e veciño de Lugo, estaba subido ó andamio e por causas que se descoñecen caeu o chan resultando con feridas na cabeza e nun brazo.
O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, informou sobre os asuntos tratados na reunión extraordinaria mantida pola Comisión Permanente Ordinaria de Asuntos e Servizos Xerais este venres, 8 de febreiro.
José Rábade explicou que na xuntanza foron tratados tres temas fundamentais para a ordeación do tráfico da cidade como son a situación do transporte público, a circulación no centro histórico e a revisión do sistema ORA.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 222
- 223
- 224
- 225
- 226
- 227
- 228
- 229
- 230
- …
- seguinte ›
- última »