O Concello lembra que desde este luns, día 17 de setembro, tal como se anunciara, quedará prohibida a circulación e estacionamento de vehículos non autorizados nas rúas peonís da Zona monumental.
Por este motivo, os pais de alumnos escolarizados nos centros escolares situados no Casco histórico non poderán acceder cos seus vehículos, como viñan facendo ata agora.
Mañá, xoves, día 6 de setembro, cortarase ó tráfico o acceso á explanada do Pavillón Municipal dos Deportes, por mor da celebración do Rally San Froilán, dado que o Parque Pechado de Vehículos será instalada na devandita explanada. Este corte de tráfico prolongarase ata o domingo, día 9.
Por este motivo, quedará anulado durante este período de tempo a zona de servizos e estacionamentos reservados para autocaravanas existente nese lugar.
O Alcalde, José López Orozco, participa hoxe nunha xuntanza que celebra en Santander a Federación Española de Municipios e Provincias que aborda temas como o problema que supón para as cidades o exercicio da prostitución na rúa.
Con motivo da convocatoria das eleccións autonómicas para o vindeiro 21 de outubro e en cumprimento do calendario electoral, o Concello mantén a exposición pública o censo electoral ata o vindeiro luns, día 10 de setembro.
O Censo Electoral vixente para estas eleccións será o pechado ó 01-06-2012 que inclúe os movementos padroais de electores de nacionalidade española, que figuren inscritos no CER ou no CERA ata o 30-05-2012.
Censo 01-06-2012 --> Padrón 30-05-2012
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, informou da notificación do Xulgado Número 1 de Lugo na que o citan a declarar a finais do mes de outubro como imputado por un delito indefinido a causa da denuncia presentada por un cabo da Policía Local que no seu momento foi expedientado. Esta denuncia está presentada contra o Alcalde e todos os membros da Xunta de Goberno que decidiron a apertura do expediente.
A Xunta de Goberno aproba unha declaración de pésame polo pasamento de Avelino Pousa Antelo, moi vencellado á cidade de Lugo, onde deu clases e puxo en marcha a escola agraria da Granxa Barreiros de Sarria
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá ao capitán Javier Miranda, novo responsable do subsector de tráfico da Garda Civil na provincia de Lugo. No encontro trataron a importancia da colaboración entre a Garda Civil e a Policía Local en materia de tráfico.
As liñas 6 e 6E do transporte urbano, que na actualidade circulan pola Ronda das Mercedes cara á rúa Montirón, sufrirán a partir de mañá, venres día 15 de xuño, unha variación no seu itinerario, dispoñendo de novas paradas.
1- Queda prohibido queimar rodas e cubertas de goma, plásticos ou calquera derivado de hidrocarburos, así como materiais ou productos contaminantes, fedorentos ou tóxicos.
2- As fogueiras non poderán facerse en lugares próximos á liña eléctrica, inmobles, zonas verdes ou de xardíns, e naqueles nos que poidan crearse situacións de perigo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 195
- 196
- 197
- 198
- 199
- 200
- 201
- 202
- 203
- …
- seguinte ›
- última »