O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, presentou hoxe os actos de celebración da Virxe dos Ollos Grandes, patrona da Policía Local, o vindeiro 1 de abril.
Rábade anunciou que este ano contará cunha programación de actos diferente.
O día 1 de abril haberá a tradicional recepción de autoridades no Concello a partir das 11:30 e continuará cunha Misa na Catedral, concretamente na capela do Bon Xesús.
Por mor do atentado da banda terrorista ETA que acabou coa vida do ex concelleiro socialista Isaías Carrasco, suspéndese o desfile polo centro da cidade dos coches de bombeiros na honra de San Xoán de Deus, patrón do Corpo.
Os bombeiros de Lugo celebrarán mañá sábado, 8 de marzo, a festivadade de San Xoán de Deus, o seu patrón. Como en anteriores ocasións, os bombeiros realizarán un desfile polo centro da cidade cos coches engalanados e utilizandos sirenas e luces. Esta actividade, que se realiza todos os anos, é seguida por moitos lucenses.
A continuación celebrarase a misa na honra de San Xoán de Deus na capela do parque de bombeiros.
Como en anteriores anos, a víspera da celebración, o parque de bombeiros abriuse aos rapaces da cidade.
Os bombeiros de Lugo celebrarán o vindeiro sábado 8 de marzo a festivadade de San Xoán de Deus, patrón deste Corpo.
A Comisión de Seguemento da Ordenanza Xeral Municipal da Contaminación Acústica reuniuse hoxe para estudar as alegacións presentadas á mesma polos grupos da oposición e a Confederación de Empresarios de Lugo. Foron en total 36 alegacións as estudadas, aprobadas a maioría totalmente ou en parte.
O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, explicou que “se chegou ó acorgo de redactar xa o proxecto definitivo da ordenanza”. Unha vez redactado, será enviado a Asesoría Xurídica, pasará á Xunta de Goberno para levalo a aprobación inicial no Pleno.
Un home de profesión escaiolista sufríu una caída desde un andamio no que estaba traballando con unha altura aproximada de 2 metros. Os feitos tiveron lugar hoxe, día 13, ás 11.10 horas no baixo sito no Carril das Frores, 30.
O traballador foi evacuado ó Hospital Xeral nunha ambulancia do 061.
I.A.F. de 45 anos e veciño de Lugo, estaba subido ó andamio e por causas que se descoñecen caeu o chan resultando con feridas na cabeza e nun brazo.
O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, informou sobre os asuntos tratados na reunión extraordinaria mantida pola Comisión Permanente Ordinaria de Asuntos e Servizos Xerais este venres, 8 de febreiro.
José Rábade explicou que na xuntanza foron tratados tres temas fundamentais para a ordeación do tráfico da cidade como son a situación do transporte público, a circulación no centro histórico e a revisión do sistema ORA.
O novo interventor do Concello de Lugo, Marcial Rodríguez Toajas, tomou posesión do seu cargo o venres 1 de febreiro, sustituindo a Rosa Abelleira, actual interventora da Deputación Provincial de Lugo.
O interventor tomou posesión nun acto no que estiveron presentes o Concelleiro de Réxime Interior, José Rábade, a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e a Xefa de Persoal do Concello de Lugo.
Dotacións da Inspección Principal da Policía de Barrio da Policía Local así como do Servizo de Bombeiros trasladáronse no día de hoxe, as 8:10 horas, ata a rúa do Conde nº 49, posto que no piso 2º do citado inmoble habíase iniciado un incendio.
Dito incendio orixinase na cociña e foi sufocado sen que afectase a máis estancias e sin que se derivasen desgrazas personais, non obstante os danos no mobiliario desta estancia foron de consideración.
Os bombeiros remataron os seus labores ás 9:00 horas.
Un autobús urbano funcionará nas noites do 31 de decembro e do 5 de xaneiro, como un servizo especial nas festas de Nadal.
Achegará os barrios máis alonxados do centro nun percorrido dunha hora para evitar a mezcla de alcohol e conducción en datas tan sinaladas.
Esta iniciativa, que se puxo en marcha funciona noutras cidades co nome popular de Buho, realízase para evitar que todos os que consuman alcohol esas noites teñan que facer uso do coche particular.
O autobús terá un percorrido dunha hora de duración por toda a cidade con saída e chegada a Sindicatos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 180
- 181
- 182
- 183
- 184
- 185
- 186
- 187
- 188
- …
- seguinte ›
- última »