A Concellería de Transportes e Protección da Comunidade, que dirixe José Rábade, amplía este luns o horario de transporte público ó Hospital Lucus Augusti que empeza funcionar en horario de tarde. Polas tardes tamén e todos os días da semana haberá servizo de autobuses urbanos ata o novo Hospital.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu hoxe no Concello a membros do comité executivo da Confederación nacional de Autoescolas con motivo da visita que realizan á nosa cidade máis de 400 membros deste colectivo que están a celebrar un Congreso estes días en Santiago de Compostela.
O Alcalde agradeceulles que elixiran Lugo para pasar esta xornada e lembroulles que este ano estamos a conmemorar o décimo aniversario da nosa Muralla como Patrimonio Mundial.
A Concellería de Protección da Comunidade informa de que o xeo foi o causante dalgúns problemas de tráfico rexistrados a primeira hora da mañá. A Policía Local recibiu avisos de incidencias por xeo nos seguintes lugares: avenida de Breogán, onde quedaron cruzados vehículos na calzada e acudiron unha dotación da Agrupación de Tráfico e Seguridade Viaria da Policía Local e voluntarios de Protección Civil, e avenida da Infanta Elena, tamén con placas de xeo.
Durante o día empregáronse 10,8 toneladas de sal para facilitar a circulación en Lugo
A Concellería de Protección da Comunidade, que dirixe José Rábade, advirte de que nas próximas horas o maior perigo para a circulación pode ser o risco de xeadas polo que aconsella ós veciños que, na medida do posible, eviten empregar vehículos particualres.
Prepárese para unha eventual situación de emerxencia por “inclemencias invernais” dotándose de roupa e calzado axeitado, alimentos, medicamentos de consumo regular e combustible para unha semana. Debe considerar que se hai dificultades de circulación os vehículos de transporte non pode servir combustible a domicilio.
Preste atención as emisoras locais de radio ou televisión para obter información sobre a situación atmosférica.
O servizo de transporte público ó Hospital Lucus Augusti funciona desde esta mañá, tal como estaba previsto, segundo informou o Concelleiro de Protección da Comunidade e Transportes, José Rábade.
Na primeira semana o servizo de autobús será gratuíto e funcionará polas mañás
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado polo Concelleiro de Transportes e Protección da Comunidade, José Rábade, presentou hoxe os novos autobuses urbanos que comunicarán co Hospital Lucus Augusti a partir do vindeiro luns, día 22.
O Alcalde e a Vicepresidenta Segunda da Deputación visitaron hoxe á finca municipal na que se fará o aparcamento gratuíto porque a Xunta mantén a súa intención de cobrar por aparcar no HULA pese ós reiterados requirimentos que lle fixo o Concello
O Concello de Lugo aprobou inicialmente a proposta para expropiar os inmobles colindantes coa Casa Consistorial situados nos números 2 e 4 da praza Anxo Fernández Gómez.
O obxectivo desta expropiación e ampliar as instalacións do Concello e instalar o Edificio das novas tecnoloxías, un proxecto incluído no Plan Urban que conta con financiamento da Unión Europea e da Deputación provincial. O Concello compensará economicamente tanto ós propietarios coma ós arrendatarios dos dous inmobles.
Ademais esta medida supón que a cidade estará conectada con buses urbanos co Hospital desde as 7.20 ata as 22.20
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 159
- 160
- 161
- 162
- 163
- 164
- 165
- 166
- 167
- …
- seguinte ›
- última »