A Comisión de Tráfico da Policía Local, presidida pola Alcaldesa, Lara Méndez, aprobou adoptar unha serie de medidas para mellorar a accesibilidade e a seguridade de peóns e vehículos nas rúas Primavera, Padre Sarmiento, Río Ulla, Nicomedes Pastor Díaz, Ramos Misioné, Orquídea, Fontiñas e Paula F
Ampliar a formación dos bombeiros de Lugo en rescates en altura.
Ante as previsións meteorolóxicas dunha alerta amarela por neve e xeo, prevista para as próximas horas, o Concello porá en marcha un dispositivo especial para garantir a seguridade de vehículos e peóns en todo o municipio.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este mércores na reunión de constitución da Comisión de Seguridade e Convivencia Cidadá da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), órgano de traballo do que forma parte xunto con outros 24 rexedores de toda España.
Un grupo de 50 nenos e nenas do colexio lucense Padres Franciscanos visitaron este mércores o Parque de Bombeiros. Durante a visita, ademais de recorrer as instalacións do parque, os cativos coñeceron os distintos vehículos así como o equipamento empregado polos bombeiros.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participará mañá xoves na viaxe reivindicativa en tren que organizou a Federación de Asociacións de Veciños de Lugo para esixir máis e mellores servizos ferroviarios na cidade e na provincia.
Esta semana entraron en funcionamento as sinais luminosas de tecnoloxía led e detectores de presenza que o Concello instalou en tres pasos de peóns da cidade, co fin de mellorar a visibilidade e con elo a seguridade viaria.
A Xunta de Goberno Local adxudicou a xestión do servizo de transporte urbano de viaxeiros de Lugo á empresa Autobuses Urbanos de Lugo, do grupo lucense Monbus, por un prazo de 10 anos, con opción a prórroga de 5 máis.
O Concello de Lugo informa de que mañá, entre as 11:00 e as 23:00 horas, permanecerán pechados ao público os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro, como medida de prevención para garantir a seguridade cidadá ante a alerta amarela decretada por AEMET debido a ventos de entre 40 e 70kms/h.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 143
- 144
- 145
- 146
- 147
- 148
- 149
- 150
- 151
- …
- seguinte ›
- última »