
O Tenente de Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, informou dos avances realizados de cara á mellora do barrio de Recatelo.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este martes na campaña de concienciación e recadación que organiza a Asociación Española Contra o Cancro, na que estivo presente a presidenta da AECC, María Luz Abella.

A área de Cultura organizou en total 365 actividades culturais entre a data da declaración do Estado de Alarma no 13 de marzo de 2020 e o 13 de marzo do 2021, contabilizando o total de actividades realizadas nos distintos ciclos postos en marcha no último ano.

O goberno de Lara Méndez vén de culminar o proceso de expropiación de seis parcelas situadas nas inmediacións da Rolda das Mercedes.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, aproveitou hoxe a reunión que mantén de xeito semanal co Inspector de Policía Local, Jesús Piñeiro, para falar sobre o servizo como máxima responsable deste Corpo de Seguridade para revisar as novas incorporacións á frota de vehículos.

As conferencias online de nutrición, que organiza a área de Xuventude, que dirixe Ana González Abelleira, ofrecen este mércores indicacións para elaborar un menú semanal para estudantes.
Intervención policial en local de hostalería

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou hoxe a posta en marcha dunha nova estratexia municipal de dinamización, reconstrución e reactivación da economía local dos barrios da cidade a través do impulso e modernización do comercio e a hostalería.

Dentro da programación do 10º aniversario da Casa da Xuventude que organizou a área de Xuventude, que dirixe Ana González Abelleira, enmárcanse dúas andainas polo Lugo máis xuvenil e un Escape Room de misterio.

O día 25 de marzo de 2021 recíbese aviso na Sala 092 da Policía Local de Lugo que na intersección das rúas Rolda Fingoi e Alfonso X produciuse un accidente con considerables danos materiais e que hai problemas de orde pública entre os implicados no accidente, motivo polo cal se mobiliza un equipo
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 487
- 488
- 489
- 490
- 491
- 492
- 493
- 494
- 495
- …
- seguinte ›
- última »