A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou a primeira edición do Concurso Periodístico Muralla Aberta. Este certame está creado polo Concello coa intención de fomentar a igualdade entre homes e mulleres.
Esta convocatoria está aberta a todos os xornalistas e fotógrafos que realizaran traballos sobre a igualdade de dereitos entre homes e mulleres, o papel das mulleres dentro dalgún ámbito ou sobre a loita contra a erradicación da violencia de xénero.
O Concello amplía o seu programa de axudas ao alugueiro a sete categorías de beneficiarios coa finalidade de abarcar aos sectores poblacionais que sofren maior risco de exclusión social. A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre explicou “que este programa vai dirixido á xente que ten graves dificultades para acceder á vivenda e por iso o Concello aumenta os orzamentos para chegar a máis xente”. Este ano o presuposto aumentou nun 43% con respecto ao do ano pasado e ascende ata 66.500 euros.
A Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, realizará un viaxe á aula de natureza do Veral dentro do programa de Animación Sociocultural.
Esta excursión, que se organiza todos os anos de xeito periódico, terá lugar o 28 de marzo con saída ás nove da mañá e a hora de reunión nos centros sociais, será ás nove.
Para evitar aglomeracións, limitouse o número de participantes a 30.
A Concellería de Muller e Benestar Social está a desenvolver xunto ao Servicio Galego de Saúde un ciclo de charlas médicas que, baixo o título Sanidade na terceira idade, visitará esta semana os barrios de Fontiñas e As Regas. As charlas comezaron o pasado día 2 na parroquia lucense de Coeses.
A Casa da Muller do Concello de Lugo organiza unha nova viaxe destinada a mulleres do termo municipal. Esta actividade consistirá nunha estancia en Lisboa, entre o 13 e o 15 de abril.
Como en anteriores ocasións, o número de prazas está limitado pola capacidade do autobús, polo que a inscrición pecharase cando o cupo esté cuberto.
O prezo da viaxe será entre 95 e 100 euros e inclúe comidas, pernocta e autobús.
Un total de 15 persoas comezan o sábado o “Curso de formación básica de axuda a domicilio” que realizará unha empresa do sector coordinado e subvencionado polo Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Lugo gracias ao Plan Nacional de Drogas.
Este curso terá lugar todos os sábados, de nove e media a unha, até o 16 de xuño, no Centro Social Uxío Novoneyra, no terceiro andar.
O Concello de Lugo acollerá os días 19 e 20 de abril as “I Xornadas lucenses de Prevención de Drogopendencias: misión globalizadora”, organizadas pola Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre.
Estas xornadas están destinadas a divulgar o traballo que se leva a cabo en materia de prevención en distintas organizacións, así como algunhas das iniciativas existentes no ámbito da prevención de drogas a nivel nacional.
O programa de Nadal elaborado pola Concellería de Cultura, que dirixe Concepción Burgo, acolle mañá, mércores, ás oito e media, o concerto de Aninovo, coa Johann Strauss Ensemble, no Círculo das Artes, dentro do convenio cultural entre Caixanova e o Concello de Lugo. Nesta ocasión, a orquestra contará coa presencia do solista ao violín Russell MacGregor, que tamén dirixirá ao conxunto. Na cítara estará Wilfried Scharf.
A Johann Strauss Ensemble foi fundada por músicos da Orquestra Bruckner de Linz no 1985.
A Concellería de Cultura e Turismo, dixirida por Concepción Burgo, mantén aberto o prazo de participación no I Concurso de Carteis Entroido 2007, aberto a todas as persoas que o desexen.
Segundo as bases establecidas para esta convocatoria, cada autor poderá presentar unha obra de tamaño libre. O premio está dotado con 600 euros e o xurado vai estar composto por persoas de recoñecido prestixio e vinculadas coa tradición do Entroido na nosa cidade.
Lugo estrea concurso de carteis coa fin de enfatizar estas festas e aumentar a súa difusión.
A Casa da Muller do Concello de Lugo mantén aberto o prazo de inscrición para a viaxe destinada a mulleres do termo municipal que organiza todos os anos. Esta actividade consistirá nesta ocasión nunha estancia en Lisboa, entre o 13 e o 15 de abril.
Como as veces anteriores, o número de prazas está limitado pola capacidade do autobús, polo que a inscrición pecharase cando o cupo esté cuberto.
O prezo da viaxe será entre 95 e 100 euros e inclúe comidas, pernocta e autobús. O percorrido será por Lisboa, Sintra, Cascais e Estoril con volta a Lugo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1831
- 1832
- 1833
- 1834
- 1835
- 1836
- 1837
- 1838
- 1839
- …
- seguinte ›
- última »