O Concelleiro de Infraestruturas do Concello de Lugo, José Piñeiro, participará mañá, mércores, ás 10:30 horas, na Comisión Delegada de Infraestructuras do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibirá o mércores en Cádiz, e no nome de Lugo, o segundo premio “Ciudades Patrimonio de la Humanidad”, que concede o Ministerio de Cultura.
A entrega do premio terá lugar na capital gaditana e con el prémiase o traballo realizado dende 1921 na conservación, mantemento e rehabilitación da muralla romana, dende que foi distinguida como Monumento Nacional.
O acto, que presidirá a Ministra de Cultura, Carmen Calvo, contempla a entrega dos premios desta categoría das edicións do 2005 (cando foron premiados Santiago e a Universidade de Andalucía)
O Alcalde, José López Orozco foi convidado polo Embaixador de España diante a Santa Sé, Francisco Vázquez á presentación oficial das actas do I Congreso Internacional “Murallas de cidades romanas en el occidente del Imperio. Lucus Augusti como paradigma”. No acto tamén estivo presente o Presidente da Deputación Provincial de Lugo, Francisco Cacharro, institución que organizou estas xornadas.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Embaixador de España no Vaticano, Francisco Vázquez, recibiron hoxe a un grupo de alumnos de primeiro curso de BAC que se atopan na capital italiana de excursión acompañados polos directores do centro.
Os alumnos tiñan concertada a recepción co embaixador dende hai tempo, polo que foi unha enorme sorpresa encontrarse alí ao Alcalde, e así o fixeron constar.
O Alcalde acompañounos durante o percorrido polo pazo que acolle a embaixada e no que puideron ver, entre outras, distintas xoias artísticas.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, comprometeuse cos empresarios do Ceao á redacción dun proxecto para a reforma e restructuración do polígono en diferentes ámbitos e coa intención de solventar os problemas actuais.
O representante dos empresarios, Ángel López Lugilde, como presidente da Asociación, e o Alcalde, xunto a outros concelleiros, mantiveron durante o día de onte unha nova reunión na que puxeron sobre a mesa os problemas destes empresarios así como as solucións que ofrece o Concello.
A creación dun plan de traballo a catro ou cinco anos vese como a mellor solución pa
O voceiro do equipo de goberno, José Ramón Gómez Besteiro, esixiu explicacións a José Manuel Barreiro e a Alberto Núñez Feijóo por non paralizar os vertidos de terras en San Cibrao cando fora denunciado polo Concello no ano 2003. Barreiro e Feijóo eran, respectivamente, Conselleiro de Medio Ambiente e Vicepresidente da Xunta. A pesar de non facer nada, agora, desde a oposición, piden o contrario á nova Xunta de Galicia.
“Pensaron que iba a ser o caso Orozco, e vai ser o caso Barreiro. É o efecto Boomerang”, dixo Gómez Besteiro.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, estará o xoves e o venres na capital italiana de Roma invitado polo Embaixador de España ante a Santa Sé e ex alcalde da Coruña, Francisco Vázquez.
O representante español no Vaticano e o Presidente da Deputación Provincial de Lugo, Francisco Cacharro Pardo, invitaron ao Alcalde de Lugo á presentación das actas do Congreso Internacional “Murallas de ciudades romanas en el Occidente del Imperio.
O Concello de Lugo pide á UNESCO un ditame definitivo sobre a construción do auditorio en San Fernando, tal e como defende o equipo de goberno. O Alcalde, José López Orozco, remitiu hai días ó Goberno central -responsable da garda e custodia do Patrimonio da Humanidade- o informe de ICOMOS e hoxe enviaralles o proxecto do auditorio, tal e como solicitou o Estado.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, continuará o mércores co seu encontro dixital de todos os meses cos internautas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1767
- 1768
- 1769
- 1770
- 1771
- 1772
- 1773
- 1774
- 1775
- …
- seguinte ›
- última »