A Concellería de Cultura e Turismo, dixirida por Concepción Burgo, presenta o II Concurso de Carteis Entroido 2008, aberto a todas as persoas que o desexen.
O Concello de Lugo condena rotundamente o atentado terrorista perpetrado esta fin de semana en Francia por ETA, e amosa a súa repulsa radical a quen con desprezo ao dereito máis fundamental, o dereito á vida, tratan de acobardar ao conxunto da cidadanía.
Nestes momentos tan difíciles os lucenses unímonos á dor das familias de Raúl Centeno, o Garda Civil brutalmente asasinado, e de Fernando Trapero, o axente que permanece ferido de gravidade.
Manifestamos o noso aprezo e apoio incondicional aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado que se xogan a vida cada día na súa loita pola
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Subdelegado do Goberno en Lugo, Jesús Otero, anunciaron o compromiso acadado na Xunta Local de Seguridade de colaborar nos problemas que poidan incidir na convivencia e seguridade escolar.
6.000 lucenses visitaron as instalacións durante a fin de semana
O Concello de Lugo repartiu 12.000 en premios
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, ofreceu un balance da segunda edición de Ludus Party.net, que desconectou o pasado domingo, 2 de decembro tras un éxito de participación e de recepción de visitantes.
Luisa Zarzuela destacou tras esta edición Ludus Party.net consolídase como unha festa tecnolóxica de referencia no norte de España e “xa ten un nome propio como feira tecnolóxica ao traspasar as fronteiras da autonomía e recibir partici
Con motivo da celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, leu un manifesto na inauguración do Mercadillo Solidario que se instalará no fondo da Praza Maior e permanecerá aberto os días 3, 4 e 5 de decembro, entre as 12:00 e as 14:00 horas pola mañá, e de 17:00 a 20:00 horas pola tarde.
O mercadillo forma parte das actividades organizadas polo Concello de Lugo e 19 asociacións da cidade para chamar a atención sobre a necesidade de garantir a consecución dos dereitos cidadáns en igualdade e superar as barreiras
Por motivos de axenda do Ministro de Cultura, César Antonio Molina, adiántase ás 18:00 horas a terceira sesión do I Encontro de Poesía organizado polo Concello de Lugo e RNE.
Nesta sesión intervirán grandes poetas da literatura galega de hoxe como Vicentre Araguas, Darío Xohán Cabana, Miguel Anxo Fernán Vello, Ramiro Fonte, Salvador García Bodaño, Luís González Tosar ou Manuel Rivas.
A última das xornadas do encontro contará, ademais, coa actuación musical de Luís Emilio Batallán.
Sábado, día 1 na rúa Rúa Río Ulla
A Policía local informa que mañá sábado, día 1, estará cortada ó tráfico a rúa Río Ulla no tramo comprendido entre as rúas Portugal e Quiroga.
O corte farase efectivo entre as 8 e as 18 horas debido a desmontaxe dun guindastre de obra
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Domingo, día 2 na rúa Carril na ronda das Fontiñas
O carril de circulación da ronda das Fontiñas de sentido salida á ronda das Mercedes, estará cor
Destacou que son uns orzamentos pensados por e para Lugo que é o eixo da súa política
Aprobaranse nun Pleno que terá lugar en arredor de 2 semanas
O Alcalde de Lugo, José López Orozco e a Concelleira de Economía, Sonia Méndez, mantiveron unha nova xuntanza cos grupos da oposición para consensuar os orzamentos do ano 2008.
Nesta xuntanza analizáronse as distintas posturas e o goberno local chegou a un acordo co Partido Popular para consensuar as partidas orzamentarias do ano que ven co grupo que amosou “disposición” para sacar adiante os orzamentos.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou xunto ás representantes de asociacións de persoas con discapacidade da cidade o programa deseñado polo Concello de Lugo para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se celebra o vindeiro 3 de decembro en todo o mundo.
Na presentación acompañaron a edil Blanca Roibás, de Aspnais, Mónica Álvarez, de Cogami, Ángeles Fernández Mayra, de Anade, e Delia Lorenzo, de Alcer, en representación das dezanove asociacións que colaboraron co Concello de Lugo para organizar estes actos conmemorativos.
Esta fin de semana celebraranse os actos que o Concello de Lugo e o Comité Cidadán Antisida organizan para conmemorar o Día Mundial contra a Sida.
O Concello de Lugo organiza varias actividades informativas para mozos que se centrarán na promoción do uso do preservativo como arma eficaz para previr o contaxio e a transmisión do VIH e doutras enfermidades de transmisión sexual.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1754
- 1755
- 1756
- 1757
- 1758
- 1759
- 1760
- 1761
- 1762
- …
- seguinte ›
- última »